Skip to Content

Calendario admisión 2018

 

1- 15 febreiro 2018: Presentación da reserva de praza nos colexios adscritos ao centro. (Prioridade de admisión e carácter vinculante)

1- 20 de marzo 2018: Prazo de presentación de solicitudes de admisión en días lectivos.

Nota informativa (MOI IMPORTANTE)

  • Cada alumno e alumna só pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antres do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

23 de marzo - 13 de abril de 2018: Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (de haber máis solicitudes que prazas ofertadas).

Antes do 25 abril 2018: Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderá presentarse reclamación nun prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Antes do 15 de maio de 2018: Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos. Poderá presentarse recurso de alzada ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

25 xuño - 10 xullo de 2018: Prazo ordinario para formalizar a matrícula para o alumnado admitido.(ATENCIÓN: o centro establecerá un prazo propio de matrícula en xuño).

1 - 10 setembro 2018: Prazo extraordinario para formalizar a matrícula para o alumnado admitido (ATENCIÓN: o centro establecerá un prazo propio de matrícula en setembro).

 

Solicitudes fóra de prazo

As solicitudes de admisión fóra de prazo deberán presentarse directamente no Servizo de Inspección Educativa no seguinte enderezo:

Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar
Praza Luís Seoane, s/n
15071 A Coruña

Tfno: 981185727 – Fax: 981184792

 


page | by Dr. Radut