Skip to Content

Prematrícula curso 2019-2020

Estimados pais/nais:

Este curso queremos poñer en práctica un proceso de prematrícula para prever, organizar e optimizar recursos de cara ao curso que vén. Para iso, organizaremos unhas sesións de orientación cos rapaces nas horas de titorías e entregarémoslles un impreso que deberán cubrir coidadosamente despois de reflexionar sobre as opcións que máis lles conveñen. Dito impreso debe ser asinado na casa por vostedes e entregado posteriormente polos rapaces aos titores no prazo que estes lles indiquen.

Solicitamos a súa implicación e seriedade a hora de elixir para que a prematrícula sexa efectiva. O obxectivo é manter as peticións cara as datas de matrícula oficial salvo casos moi específicos e argumentados.

A Xefatura de Estudos e o Departamento de Orientación estamos á súa disposición para calquera dúbida que lles poida xurdir.

Un saúdo.

A Xefa de Estudos

Mº José López Lugilde

 

Impresos prematrícula

1º, 2º e 3º ESO

4º ESO

1º Bacharelato

2º Bacharelato

 

Aplicativo para a optatividade no bacharelato

Para facilitar a elección de optativas no bacharelato facilítase un aplicativo web que indica se a combinación de materias é válida ou non. (Nota: o aplicativo non contempla circunstancias expcepcionais como cambios de modalidade ou a existencia de materias chave no tránsito de 1º a 2º de bacharelato).

Aplicativo 1º Bacharelato

Aplicativo 2º Bacharelato



page | by Dr. Radut