Skip to Content

Visita á Telva

Visita á Telva

 

O alumnado de 2°ESO foi de excursión á Telva, unha estación de tratamento de auga potable (ETAP), onde se potabiliza a auga procedente do embalse de Cecebre que chega á Telva a través do Río Mero. Unha vez completado este proceso, a auga é impulsada ás cabeceiras das redes de abastecemento, xa apta para o consumo humano. Ao chegar alí explicáronnos e mostráronnos todos os procesos que recibía a auga desde que a collían no río Mero ata que chegaba ás nosas casas: captación, filtración, tratamento químico, decantación e engadido de cloro.

Ao rematar fomos a unha especie de laboratorio, onde realizamos un pequeno experimento no que puidemos ver todo o proceso que nos mostraran antes, pero de forma rápida. De recordo déronnos un souvenir, uns bolígrafos.

A excursión pareceume moi interesante porque aprendín moitas cousas, ademais de recordarnos que non podemos malgastar a auga.

Edén Avecilla



page | by Dr. Radut