Skip to Content

O mundo que queremos

O alumnado da ESO tivo a oportunidade de charlar con Marleni sobre a realidade da Rupública Dominicana. Despois de escoitar o seu relato sobre os problemas de desigualdade social no seu país, os alumnos e alumnas puideron exercer como periodistas para dar a súa visión do escoitado. 

Con este encontro, rematamos os obradoroiros enmarcados dentro do Plan Proxecta, O mundo que queremos. Un proxecto que se traballa dentro do paradigma da educación para o desenvolvemento e que busca promover valores e actitudes comprometidos coa loita contra as desigualdades.

Algúns dos nosos alumnos e alumnas van ter a posibilidade de difundir o traballo realizado en diversos actos no Concello de Cambre e nalgún centro educativo da contorna.

Desde o IES David Buján queremos dar os parabéns a todo o equipo deste Proxecto polo seu traballo e pola cariñosa relación que mantiveron co noso alumnado.



page | by Dr. Radut