Skip to Content

"Non vemos o que vemos, vemos o que somos"

Concurso Coca Cola 2017

O día 10 de marzo de 2017, algúns alumnos de 2º da ESO do IES David Buján fomos á facultade de Filoloxía da UDC, á 9ª edición do Concurso de jóvenes talentos, premio relato curto de Coca-Cola.

A nosa fonte de inspiración foi unha cámara con fotos de diferentes lugares de Galiza, as dunas de Corrubedo ou as Fragas do Eume entre outras. Tamén había  unha frase que dicía: “Non vemos o que vemos, vemos o que somos”.

Aínda que ao principio estabamos un pouco nerviosos, foi unha boa experiencia.

 



page | by Dr. Radut