Skip to Content

Café con TICs en outubro

 

Primeira sesión de formación no centro para este curso. Jose Viñas presentounos as posibilidades de SOCRATIVE, unha aplicación que nos permite crear cuestionarios (opción múltiple, verdadeiro ou falso, resposta breve) e visualizar as respostas de forma inmediata e divertida. Os cuestionarios poden reutilizarse, compartirse, ou ser elaborados entre todos os membros do grupo. Unha magnífica aplicación para sacarlle partido aos dispositivos móbiles na aula.

Para saber máis: manual de Socrative en castelán.

 



blog | by Dr. Radut