Skip to Content

Blogues

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta máis importante da literatura galega moderna.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG  propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. No IES David Buján  o alumnado de 1º e 3º da ESO fixeron flores de cartón reciclado e fóronas regalar á vila, xunto con poemas da autora.

A actividade pretende difundir a data fóara da escola e, ao mesmo tempo, ligar a lingua coa ecoloxía (ecoloxismo lingüistico). A actividade foi un éxito.

A prensa fíxose eco da nosa iniciativa

GRAZAS RAPAC@S

Máis fotos

21 de febreiro. Día da Lingua Materna

 O 21 de febreiro de cada ano celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999.

As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxible como o intanxible. Todas  as iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán, non só para incentivar a diversidad lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia sobor as tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.
Nós no centro celebrámos a data  difundidndo estes catro vídeos:
 
Son moi interesantes para reflexionar sobre as linguas, o seu papel, e a necesidade de compromiso dos falantes para que perduren.
Preme no nome de cada vídeo  para poder visionalos
 
Hoxe é un día máis para sentirse orgulloso do noso pobo, feliz día da nosa lingua. Non esquezas que sen falar galego, Galicia é un pouco menos. Para demostrar o orgullo de ter unha lingua de noso estamos  a facer un vídeo: "Eu falo galego porque ... " Participa. Tamén pode participar a túa familia e amigos. Preme no enlace ou pregunta ao EDLG do centro.
 
Móstrase orgullos@ da túa lingua materna
 

11 de febreiro. Día da Muller e da Nena na Ciencia

Hoxe celebramos o día coa inauguración da aula de informática que leva o nome da matemática coruñesa e cunha conferencia de María José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar, dúas matemáticas da UDC que traballaron sobre a figura de María Wonenburguer.  Aistiron ao acto os alumnos de 1º de BACH.

Día de Rosalía de Castro. I Concurso de mail art

O EDLG e o departamento de Plástica convocan o I concurso de tarxetas artísticas sobre Rosalía de Castro. As creacións deben contar cunha ilustración orixinal e un poema (ou fragmento) da autora.

O EDLG encargarase de facer chegar a postal ao seu destino. Axuda a dar a coñecer esta celebración fóra do centro.

Consulta no blogue do EDLG do IES David Buján as bases do concurso e dúas antoloxías de Rosalía de Castro ilustradas que che poden servir de inspiración.

Blogue Dinamización Lingua Galega

CASA-MUSEO MANUEL MARÍA: Concurso de rectado de poemas e de videopoemas

A Casa Museo de Manuel María acaba de convocar os dous concursos  que a Fundación promove dirixido ao alumnado galego de estudo non universitario da ESO, Bachrelato, Ciclos Formativos e Ensinanzas artísticas.

Nos seguintes enlaces podes coñecer as bases que rexen os dous concursos:

- V Concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" ( sobre poemas de Manuel María e Rosalía de Castro). BASES

- III Concurso de videopoemas Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María. BASES

Anímate e participa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut