try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES David Buján

blogue de_Abalar

Notificacións de comentarios no blog

Se queremos que o noso alumnado participe no blog a través dos comentarios, será moi útil que configuremos as opcións de notificación da páxina do centro. Este vídeo é o primeiro dos vídeo-titoriais incluídos entre os materiais de formación na Aula Aberta do Proxecto Webs Dinámicas-Drupal, nel coméntase o acceso á páxina web do centro e a configuración da conta de usuario. Aí poderedes ver como configurar as opcións de notificación para recibir un correo cando alguén deixe un novo comentario nos diferentes contidos da páxina.

 

 

Resumo: Identificámonos na web do centro>> a miña conta >> opcións de notificación: marcamos "Activado" en Notify status para activar as notificacións. Decidimos se queremos e como queremos recibir as notificacións de novo contido e finalmente marcamos "Activado" en Notificación de novos comentarios.

Blogues en Webs Dinámicas, continuación.

8ª Sesión

Data: 15/03/12
Hora: 16:30 h
Duración aproximada: 3 horas
Lugar: aula de 1º ESO A

 
Contido: Blogs nas Webs Dinámicas, continuación.

  • Recuperación e revisión dos materiais creados na sesión anterior.
  • Individualización do noso blog cun modelo visual diferenciado.
  • Participación do alumnado na creación de blogs: os comentarios.
  • Permisos na conta "alumnado".
  • Práctica proposta (GoogleDocs): comentario e revisión.

Despois desta segunda sesión sobre blogues con drupal, os nosos cadernos son xa unha realidade.

Nativos dixitais

Hai uns días Jordi Martí, o editor de XarxaTic, recomendaba este vídeo do Doutor Roberto Rosler, onde explica como mellorar a eficacia das nosas presentacións nas aulas do século XXI. 

7ª sesión: Os blogues nas Webs Dinámicas con drupal

Webs Dinámicas7ª Sesión

Data: 29/02/12
Hora: 16:30 h
Duración aproximada: 3 horas
Lugar: aula de 1º ESO A
Relator: Manuel Ángel García Gómez, asesor Siega-Abalar para a zona de Carballo.

Contido: Os blogues nas Webs Dinámicas con drupal (manual en pdf)

Edición e publicación de artigos:

  • Publicar un artigo ou entrada
  • Modificar ou editar un artigo xa publicado
  • Editor de texto enriquecido (TinyMCE)
  • Formato de caracteres
  • Formato de parágrafo
  • Incluír hiperenlaces, enlaces ou vínculos nun artigo
  • Táboas
  • Copiar/Pegar desde outros documentos
  • Xuntar un arquivo
  • Xestión de comentarios no Blog, participación do alumnado

 Bloques, creación e configuración:

  • Consideracións para a creación e xestión de bloques
  • Regras para un bó funcionamento e entendemento entre os usuarios dos blog
  • Os Bloques nos blogs do centro
  • Crear un bloque con código html
  • Blogroll
  • Amosar no blog un bloque xeral da web do centro
  • Artigos Recentes do Blog
  • Nube de etiquetas Tagadelic
  • Nube de etiquetas Cumulus
  • Bloque Arquivos do blog

Proposta de práctica

práctica

Distribuir contido