Skip to Content

blogue deiconcepcion

LETRAS GALEGAS 2022

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. (Consello da Cultura Galega)

O  obxectivo desta data é  de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu legado. 

O seguinte vídeo, elaborado no centro co material do Seminario Galán, fai un percorrido pola vida e obra do autor valdeorrés. 

Tamén deixamos un adxunto cunha escolma das súa obra poética

 

Musigal 2022

"Terra" de Tanxugueiras vencedora no Musigal do IES David Buján

 

O IES David Buján acaba de celebrar un ano máis o certame Musigal, unha actividade que  ten como obxectivo principal difundir a música galega entre o estudantado. 

O certame está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento da Lingua Galega que durante o curso traballande forma didáctica  os textos e as música,  para despois escoller, mediante votación en liña, as cancións finalistas e  vencedoras das publicadas en galego no ano 2021.

Este ano chegaron á final 11 cancións   e resultou gañadora "Terra" de Tanxugueiras co 39,6% dos votosQuedaron como segunda e terceira canción "OG" de Dios Ke Te Crew feat Boyanka Kostova  (24,6%) e "Midas" de Tanxugueiras (12,3%), respectivamente.

 

Parabéns

 

 

Día Mundial do teatro

 

O Día Mundial do Teatro celébrase anualmente o 27 de marzo.

O teatro é unha arte milenaria e funciona como un medio de divulgación da cultura dos distintos pobos. Desde a antiguidade, o home usou o teatro como forma de expresión.

Para celebrar este día e para colaborar na difusión do espectáculo teatral subimos esta obra feita con teatro de sombras. Un gran traballo, Lucas.

 

27 de marzo, Día Mundial do Teatro

O Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo de cada ano e foi creado por Instituto Internacional do Teatro ( ITI) no ano 1961.O seu principal obxectivo, é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.

Sombras que asombran está montar unha nova obra, O nacemento do dragón, en teatro de sombras, basada no conto de Marie Seller, Wang Fei e Catherine Louis.

Aquí podes ver o vídeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut