Proxectos de innovación educativa

         

 

Lingua Galega

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola!

Para a cita virtual de hoxe, do mesmo xeito que o xoves pasado, vémonos en breve:

Clave da reunión: 169285

Contrasinal:  fXMnVj6C

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Bo día!

Lembrade temos cita virtual mañá, xoves 23 a 5ª hora. Porei os códigos mañá para entrar na miña sala.

Vexo que ides traballando e que me enviades cousiñas para corrixir, pero insisto en que o máis importante son os comentarios. Por iso imos con outro novo: 

- Páxina 312, o poema titulado "A Galicia" de Francisco Añón, é un dos precursores do Rexurdimento, podedes consultar no voso libro de texto sobre el. Quero o comentario completo das dúas primeiras estrofas, forma e contido, para enviar. 

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Bo día!                                                                               22 de abril

Comentar en primeiro lugar que non vou empregar a Aula Virtual. Se alguén precisa poñerse en contacto comigo para consultar algo o meu correo é: natie@edu.xunta.es

Agardo que esteades facendo na vosa libreta de galego os exercicios que vos vou poñendo, parece posible que as poida revisar e corrixir alá para maio. 

Imos continuar traballando con exercicios que serven para repasar os verbos regulares, que xa os tedes que ir sabendo. Se tedes dúbidas ides ao Apéndice Gramatical (páxina195), tamén vos recomendo a páxina DIGALEGO, para consultas. 

Exercicios 9,10,11,12,13 e 16 das páxinas 110 e 111.

Ánimo e deica logo!

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Bo día!                                                                                           22 de abril 2020

Continuamos traballando dende casa de momento, agardo que teñades os exercicios nas vosas libretas de galego, porque é posible que poida corrixilas alá para maio. Falei co voso titor e sei que estades facendo as tarefas, tedes o meu correo para calquera consulta que queirades facer.

Imos seguir repasando os verbos e agora van ser algúns con certas peculiaridades. Están nas páxinas 197 ata a 200 do Apéndice Gramatical. Xa sei que son moitos, pero son fáciles e non hai que "chapalos", só fixarse en que se conxugan de forma diferente ao castelán. Buscade as diferenzas e facede os exercicios: 10, 11, 12 e 18 das páxinas 108 e 109. 

Tamén quero facer con vós unha videoconferencia, através de Webex, non sei se xa empregastes esta ferramenta, pero vai ser interesante vernos e poder falar. A cita é para o luns 27 de abril a cuarta hora, a partir das 11'30, na nosa hora. Espero que os de Agrupamento tamén poidan conectarse, se non buscarei outra hora para eles. Cando teña creada a sala, comunícovos os códigos.

Deica logo!

reunión webex

Os datos de acceso á reunión son os seguintes:

ID da reunión: 843 538 364

contrasinal: fvQcT7MM

 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola!

Adxunto un arquivo coa información para poder facer un traballo cos libros que algunhas persoas están a ler. Xa veremos despois como os corrixo e como os valoro.

Ánimo! 

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

Ola! Todo ben? Seguimos con novas tarefas e outra cousiña:

TEMA 13

Imos rematar coa literatura da Ilustración, para estudar son as páxinas 290 e 291. Tamén imos facer os exercicios das páxinas:

- 293 Ler o apartadao IV "Literatura propagandística de comezos do S. XIX" e responder as tres preguntas que acompañan á lectura. 

- 294 Ler  "Os rogos dun gallego" e reponder as tres cuestións do final.

WEBEX

Estou preparando unha cita virtual, xa teño perfil en Webex, non sei se xa o empregastes con alguén, nós imos intentalo o xoves 16 a 5ª hora, na nosa hora. O enlace é :

https://eduxunta.webex.com/meet/natie

O alumnado accede cos seguintes datos:

USUARIO: O nome completo do alumno

e-mail: nonreponder@edu.xunta.gal

 En principio debería funcionar, se tedes problemas contactádeme no meu correo, estarei atenta. Vémonos!

Lingua e Literatura Galega 2º ESO

Ola! Que tal o descanso? Seguro que volvemos con ganas de traballar. Imos con novas tarefas:

TEMA 5

ORTOGRAFÍA: Grupos consonánticos: -CC- e -CT- nas páxinas 106 e 107, facemos todos os exercicios e atentos/as ás cousiñas que están nas marxes, son importantes! 

REFORZO:Páxina 108 - Facemos os exercicios 4, 5, 6 e 9. As redaccións son de 10 liñas mínimo.

Seguide repasando a Conxugación Regular e, se pode ser, lede en galego!

Déixovos  o meu correo para dúbidas ou o que precisedes: natie@edu.xunta.es

Vémonos pronto!

Lingua e Literatura Galega 1º ESO - A

Aquí seguimos despois da Semana Santa, resistindo. Agardo que todos sigades ben. Imos con novas tarefas.

TEMA 5

Ortografía: CONSOANTES E GRUPOS CONSONÁNTICOS, páxina 108 e TODOS os exercicios da páxina 109

REFORZO: páxina 110 facemos os exercicios: 1,2,5, 7 e 8

Continuade repasando os verbos regulares e a ver se podedes ler algo en galego, é importante.

Vémonos pronto!

Lingua e Literatura Galega 1º BAC

"1 de abril, van os burros onde non teñen que ir"

1º Exercicio: explicar este dito popular.

Ola!

Xa sei que vos poño moito traballo, é para que esteades entretidas e non fagades caso das malas noticias.

Imos empezar o TEMA 5, faciliño. Lemos e estudamos as páxinas da 102 á 105. De momento só artigo e demostrativo e nas páxinas 110 e 111 facemos os seguintes exercicios:

- 1 (Todos os apartados, repasando os pronomes persoais.), 2 e 3

Nada máis por hoxe. Permanezan atentas ás súas pantallas.

Distribuir contido

Eventos

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL