Iniciar sesión: Acceso

AXUDAS LIBROS: Listaxe Provisional de admitidos e excluídos no Fondo Solidario.

Xa está disponible a listaxe provisional coas solicitudes admitidas e excluídas para o acceso ao Fondo Solidario.

Pódense presentar reclamacións a esta listaxe entre mañá mércores,8 e o xoves, 9 de xullo.

A listaxe definitiva e a relación de libros que se asinan a cada alumno/a se publicará o martes 15 de setembro. Os libros se entregarán no centro o mércores, 16 de setembro.

Lembramos que o alumnado que teña libros para examinarse en setembro deberá devolvelos en bó estado de conservación o venres, 4 de setembro (día de entrega de notas e de matrícula de setembro).