Proxectos de innovación educativa

 MINISTERIO DE EDUCACIÓN

 

ORGANIZÁNDONOS DE CARA AO 3º TRIMESTRE

Familias, alumnos e alumnas,

gustaríanos organizarnos de cara ao 3º Trimestre coñecendo os recursos cos que contades para traballar dende a casa e así preparar o material axeitado a cada necesidade. 

Para elo pedímosvos que na maior brevidade posible fagades chegar os datos que se amosan na táboa aos vosos titores e titoras.

 

Facede constar:

Nome e apelidos do alumno/a e curso 

Se dispón de:

- ordenador (Propio ou compartido)

- Wifi na casa

- Teléfono con conexión a internet

- Outros dispositivos electrónicos como táblets,...

- Enderezo electrónico de pai/nai/titor/titora

- Enderezo electrónico do alumno ou alumna

2ª AVALIACIÓN

Boas familias!

O venres 3 de abril estarán as notas da 2ª avaliación.

Podedes velas a través da aplicación "abalarMóbil" que precisades descargar. Se alguén ten algunha dúbida pode poñerse en contacto co centro telefónicamente ou no enderezo electrónico en horario de 10:00 a 13:00 h.

Moito ánimo a todos!!!

 

ABALARMOBIL

 

Contacto:

Teléfono: 982 870 144

Enderezo electrónico: ies.terra.cha@edu.xunta.es

Como acceder aos contidos e ás tarefas?

Alumnas e alumnos!

para acceder aos contidos, tarefas ou instrucións das diferentes materias hai dúas opcións:

  • Seleccionar o DEPARTAMENTO correspondente á MATERIA e buscar o contido/tarefa que sexa do voso curso. 
  •  Seleccionar CURSO no bloque ALUMNADO e, dentro deste, o voso (por exemplo 1º ESO). Aí tedes todo o que o profesorado foi colgando (instrucións, materiais, tarefas, etc.). Tede en conta que aparecerán, en primeiro lugar, as publicacións máis recentes.

NOTA

No caso de que non atopedes as materias en CURSOS, podedes ir ao DEPARTAMENTO correspondente e buscar alí a información.

 

Ademais...

 

O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN elaborou unha GUÍA para acceder aos contidos e axudarvos na organización dos mesmos.

Pinchade no arquivo adxunto

Saúdos!!

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS por mor do COVID-19

    As funcións de orientación seguirán activas. Realizaranse  a distancia e a través do teletraballo. Todo o alumnado, así como nais/pais e titores/as legais, poderán poñerse en contacto coa orientadora a través do seguinte correo electrónico:

agmurias@edu.xunta.es

    É importante identificar a consulta no CORPO do correo electrónico a través de nome e apelidos máis curso escolar do alumno/a.

   Darase unha resposta o máis rápido posible. En caso de ser necesario contactar telefonicamente, poden enviar correo electrónico co número de teléfono e farase chamada o antes posible.

     Por outro lado, farase uso dos seguintes recursos para facilitar información de interese:

           - WEB do centro

           -FACEBOOK do centro: Ies Terra Cha Trapero Pardo

           -INSTAGRAM do Dpto. de Orientaciónn:  orientacion.iesterracha.castro

 

            A ORIENTACIÓN ACADÉMICO- PROFESIONAL realizarase a través da AUTOORIENTACIÓN do propio alumnado, mediante o PANEL DE INFORMACIÓN ACADÉMICO PROFESIONAL que podemos atopar no apartado de ORIENTACIÓN desta web e que se difundirá a través do Facebook e o Instragram antes indicados. Para calquera consulta máis específica, poderán facelo a través do correo arriba indicado.

             Calquera orientación ou dúbida que poida xurdir, e que a ORIENTACIÓN DO CENTRO poida solucionar, poñédevos en contacto co Departamento de Orientación: planificación e organización de estudos, orientación académico profesional, ABAU,  técnicas de estudo, atención e acompañamento ao alumnado con necesidades educativas, información sobre estudos, ... etc.

           

TAREFAS BIOLOXIA 1 ESO e 1 BAC

IDENTIDADE DIXITAL 1º ESO

ALUMNADO DE IDENTIDADE DIXITAL

O traballo para venes 27 de marzo podedes atopalo indo a Alumnado > Cursos> 1º de ESO, ou Departamentos > Tecnoloxía

#musicaviral

Propuestas del departamento de Música

Iré publicando algunas propuestas EVALUABLES para que trabajéis durante esta temporada. Echad un vistazo a la sección de música.

COMO COMPARTIMOS OS CONTIDOS?

Alumnos e alumnas,

Ao longo destos días o profesorado do centro irá colgando material ou instruccións de comunicación con vos na marxe lateral dereita desta páxina.

Só tedes que acceder ao departamento das materias que impartides e atoparedes a información necesaria para seguir traballando.

Moitos profes xa vos avisaron do seu modo de mantervos activos, páxinas web personais, ferramentan Google, enderezos electrónicos,...

Ante calquera dificultade non dubidedes en poñervos en contacto co centro e nós faremos de intermediarios en todo o que precisedes.

 

Teléfono 982 87 01 44 en horario de 10:00 a 13:00 h

Enderezo electrónico: ies.terra.cha@edu.xunta.es

Barroco

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PORTAL EDUCATIVO

Espazo ABALAR

 

 

CONTRATOS PROGRAMA

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

PATIOS DINÁMICOS

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

Convivencia e Mediación

Fitofaladoiro

 

FITOFALADOIRO

REDES SOCIAIS


 

 

INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

 

 INSTAGRAM DE ORIENTACIÓN

 

BLOG EDNL