Iniciar sesión: Acceso

Hoxe 23 de Abril celebramos o mes do libro. Desde o Equipo de Biblioteca lánzanse varias propostas para celebrar durante todo un mes a importancia dos libros na nosa vida. Achégate á biblioteca e colle algún dos libros que presentamos como novidades, ou participa nos concursos de selfies con libros e de adiviñas Which is which?

O pasado 23 de marzo o IES acolleu unha xornada de reflexión sobre a diversidade sexual, organizada a petición do alumnado, na que participaron o músico Davide Salvado, o bailarín e traballador social Daniel Pardo e a psicóloga Ángeles Amor. En paralelo, proxectáronse os films Fucking Amal e a Chica Danesa, así como houbo unha charla sobre violencia de xénero enmarcada no proxecto 365 pola igualdade do Plan Proxecta. 

Parabéns á profesora Sharay Astariz Núñez polo premio outorgado pola Fundación Jose María Jove e Indaga, ó seu traballo de educación inclusiva titulado: "Aula de matemáticas: unha ventá para o mundo". 

https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/profesora-ies-terra-cha-gana-premio-proyecto-inclusion/201803101351561300067.html

 

O equipo da Biblioteca en colaboración co alumnado de 3 ESO presenta unha escolma de libros sobre mullleres na conmemoración do Día Internacional da Muller. Ó mesmo tempo faise unha pequena homenaxe de lembranza ó recentemente finado Forges, quen reinvindicou a importancia da muller na sociedade e a necesidade de avanzar na consecución dunha igualdade real.

 

Ata finais do mes de abril estará exposto no hall do IES a exposición do Proxecto Fitofaladoiro: Arvenses, medrando no lugar errado. Nela amósanse láminas de plantas herbáceas que podemos atopar frecuentemente na nosa contorna e que adoitan chamarse "malas herbas" aínda que podan ter propiedades interesantes por exemplo, desde o punto de vista ecolóxico, mediciñal e incluso culinario. Convidamos á comunidade educativa a visitar a exposición e a axudarnos a documentar os nomes en galego destas plantas, así como as súas posibles utilidades.

O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o día escolar da Paz e non violencia cun acto de lectura con reflexións sobre a paz. O alumnado escribiu os seus desexos en cintas, simulando oracións tibetanas, para adornar un cedro do noso xardín. O pé desta árbore dos ventos o alumnado debuxou o símbolo da paz con pedras, para lembrar que cada un de nós pode aportar o seu gran de area na búsqueda da paz e non violencia.

 

A exposición sobre Biodiversidade de Galicia do CEIDA permanecerá no hall do IES da Terra Chá ata mediados de febreiro. Consta de 19 paneis que resumen os valores de biodiversidade presentes no noso territorio así como dos factores que ameazan a a súa conservación. Agradecementos ó Departamento de Agraria pola organización e montaxe da actividade.

Máis información sobre a exposición en: http://www.ceida.org/gl/educacion-e-divulgacion/galicia-biodiversidade 

Organizado polo Departamento de Música e coa participación activa da maior parte do alumnado do centro realizouse a fermosa performance do Proxecto Aleluia.

Velaquí tedes o link ó vídeo: 

Grazas a tod@s pola vosa colaboración e participación.

Os gañadores do concurso de microrelatos de terror do IES da Terra Chá Trapero Pardo na convocatoria do 2017 son:

1 PREMIO Lucas Folgueira Anllo (1 ESO A) co relato "La casa misteriosa"

2 PREMIO Aroa López Rivas (3 ESO A) co relato "Te conozco?"

3 ACCESIT Zenaida Pontes Jordá (2 ESO A) co relato "Miedo ciego"

A entrega de premios será o vindeiro 21 de decembro.

O mércores día 18 de outubro, ante o malestar xerado pola catástrofe derivada da vaga de lumes en Galicia, a comunidade educativa amosou públicamente o seu rexeitamento así como a solidariedade coas poboacións afectadas. No acto adicouse un minuto de silencio as víctimas, léronse textos e poemas e plantouse de forma testemuñal unha árbore no xardín.

Distribuir contido