Skip to Content

Partnership Beating The Heating

Viaxe a Alemaña.


A finais de febreiro fixemos unha viaxe a Alemaña como parte das accións da Asociación Leonardo da Vinci “Beating the Heating”. Esta vez fomos dous profesores (Jose Vázquez máis eu) e cinco alumnos dos ciclos superiores de Eficiencia enerxética e de Mantemento de instalacións térmicas. A continuación vos presento un pequeno resumo da estupenda semana que pasamos xuntos. Deixovos tamén uns enlaces a algunhas fotos e vídeos.

Pepe Vila

Domingo 27

Comezamos a viaxe como temos costume últimamente, perdendo o avión que tiñamos que coller en Madrid para chegar a Frankfurt. O voo da Coruña saíu con atraso, e non chegamos a tempo a Madrid. Ao final unhas doce horas de viaxe dende Coruña a Eberbach, o noso primeiro destino en Alemaña.

Fabian, o profesor alemán compañeiro de Proxecto, esperounos toda a tarde no aeroporto para recollernos. Esta primeira noite durmimos na Residencia de Estudantes do centro de formación profesional Theodor Frey Schule.

Fotos

Luns 28

Despois do almorzo, os nosos estudantes fixeron unhas presentacións en inglés ao resto do grupo, ingleses e alemáns. Os estudantes da Laboral explicaron estupendamente os contidos sobre Galicia, o sistema educativo español, o IES Universidade Laboral, e os ciclos formativos que eles están a cursar, C.S. de Eficiencia Enerxética e C.S. de Mantemento de Instalacións Térmicas. Estas presentacións colgaranse na web do Proxecto que estamos a facer.

A continuación, para aproveitar o estupendo día de sol que tiñamos, fixemos unha visita turística a Eberbach.

Regresamos ó instituto e visitamos os diversos talleres e aulas. Este é un centro público de formación profesional onde pódense estudar diversos ciclos formativos tales como carpintaría, construcións de obra civil ou reparación de automóbiles.

As seis da tarde collemos o tren cara ao sur, con destino a Biberach. A viaxe durou cerca de tres horas.

Chegamos ó centro de formación onde nos quedaríamos ata o sábado. Trátase do Netzwerk Komzet, un centro especializado na construción de edificios de madeira.

Quedamos a durmir na residencia de estudantes, cunhas instalacións estupendas e un ambiente extraordinario.

Despois da típica cea alemá, continuamos, sempre xunto cos ingleses e alemáns, con outra das súas típicas tradicións: as cervexas no pub.

Video1

Video2

Martes 1

Comezamos o día cunha extensa visita ás instalación do Centro. Explicáronnos con detalle o sistema educativo na formación profesional alemá.

Continuamos a visita ata a hora de xantar: as 12 da mañá.

Tamén fixemos un percorrido polas instalacións térmicas do edificio, cunhas interesantes caldeiras de biomasa, unha de pellets e outra de estelas.

Despois de xantar tivemos unha clase teórica sobre illamentos térmicos eficientes. Así, ás cinco da tarde rematamos o traballo do día.

Fotos

Mércores 2

Comezamos as clases teóricas as 7:30 da mañá, continuando con temas relacionados coa eficiencia enerxética nas edificacións. Parte das explicacións foron na aula e outra parte nun taller. Despois do xantar fixemos unha práctica moi interesante sobre a análise de infiltracións en edificacións.

Fotos

Video

Xoves 3

Día dedicado ó turismo. A un par de horas en autobús temos a preciosa cidade de Munich. Fixemos a primeira parada no Museo Alemá, adicado principalmente á técnica, polo que nos resulta moi proveitoso. Despois acercámonos ao centro da cidade, e quedamos para xantar na famosa cervexería Hofbräuhaus.

Fotos

Venres 4

Volvemos ao traballo, e neste caso facemos unha visita ao edificio pasivo máis grande do mundo, o edificio de oficinas Energon. Este é un exemplo de aforro enerxético e boas prácticas construtivas.

Ao rematar, aproveitamos para pasear por Ulm. Nesta vila, ademais de visitar a catedral e a zona peonil, fixemos un xantar típico da rexión, que consiste nunhas salchichas brancas que se comen a media mañá.

Despois da cea (ás cinco da tarde) repartironse os Certificados de asistencia ás diversas xornadas.

Pola noite, para celebrar o final do curso, fomos participar nos carnavais típicos da vila. Un impresionante desfile de máscaras e moi bo ambiente.

Fotos

Video

Sábado 5

Cansados pero contentos, como dicía o noso compañeiro Fabian, collemos o avión de regreso, moi cedo dende Frankfurt.

Asociacións Leonardo Da Vinci

Beating the Heating 
O curso pasado solicitei a participación nun proxecto europeo dos denominados Asociacións Leonardo Da Vinci, en colaboración cun Instituto de FP de Plymouth, en Inglaterra, e un instituto de FP de Eberbach, en Alemaña. Neste verán pasado comunicáronme que o proxecto estaba aprobado, e ó comezo deste curso empecei a traballar no desenrolo das actividades.

O proxecto se enmarca dentro da Eficiencia Enerxética nas edificacións, e o seu principal obxectivo é que un grupo de alumnos dos tres países participantes traballen xuntos e participen nuns cursos relacionados con esta materia.

Na semana do 2 de novembro, o profesor José Vázquez e mais eu nos desprazamos a Plymouth para manter a primeira xuntanza entre os institutos implicados. Foron uns días intensos nos que definimos os traballos e calendarios das seguintes actuacións, e convivimos cos profesores e estudantes do City College de Plymouth. O mais salientable das reunións foi a amabilidade e o compañeirismo tanto dos colegas ingleses como dos alemáns.

A próxima actuación deste proxecto será levar en febreiro do 2011 a cinco alumnos dos ciclos de Mantemento de instalacións térmicas e de Eficiencia enerxética, a un curso práctico dunha semana de duración, en Alemania, sobre illamento de edificacións e medida de parámetros de eficiencia enerxética. Neste momento nos atopamos no proceso de selección dos alumnos, que ademais deberán facer outra serie de traballos en colaboración cos alumnos ingleses e alemáns, a través de Internet. Os alumnos seleccionados recibirán clases de inglés polas tardes, impartidas por Carly, a profesora americana que está este ano connosco.

En xuño de 2011 recibiremos na Laboral ós grupos de estudantes e profesores ingleses e alemáns.

Vos deixo unhas fotos da xuntanza.

Pepe Vila 
 
   
   
 
   

 

A Comisión Europea non é responsable do contido aquí publicado nin do uso que poida facerse desta información. O responsable é o editor do artigo.
Distribuir contido


by Dr. Radut