Skip to Content

Oferta Educativa

OFERTA EDUCATIVA

Fins educativos

Como centro de carácter público e respectando a pluralidade dos distintos membros que conforman esta comunidade educativa, consideramos como valores básicos que orientan o dereito á educación de tódolos nosos alumnos os seguintes:

  • Acada-lo pleno desenvolvemento da personalidade, así como o respecto ós dereitos e deberes democráticos, fundamentais no exercicio da tolerancia, na formación para a paz, a cooperación e a solidariedade entre as persoas.
  • Respecto á integridade física e moral.
  • Respecto á non discriminación por nacemento, raza, sexo, crenzas e á non realización de calquera outro xeito de segregación ou marxinación.
  • Respecto á igualdade de oportunidades.
  • Fomentar o consenso e a interacción.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut