Skip to Content

Organización Xeral

Organización Xeral do Instituto

Contacto:

Rua Salvador Allende s/n

15670 - Culleredo

Teléfono: 981660700   Email: info@ulaboral.eu

 

Directiva:

 

Dirección: Miguel Pena Rojas (direccion@ulaboral.eu)

Vicedirección: Ángeles Rodríguez Pérez (vicedireccion@ulaboral.eu)

Secretario: Jesús Fernández Diez (secretaria@ulaboral.eu)

Xefe de estudos: José Ignacio Vila Alonso (xefatura@ulaboral.eu)

Xefe de estudos de adultos: José Ramón Iglesias Mareque (xefatura.adultos@ulaboral.eu)

Organigrama

1. Recursos materiais

ESPAZOS E DEPENDENCIAS
Docentes Complementos Departamentos Talleres
Aulas Polivalentes 38 Conserxería 1 Filosofía Instalacións Electrotécnicas 1
Aulas Técnicas 7 Reprografía 1 Latín e Grego Instalacións Electrotécnicas 2
Aulas de Informática 2 Secretaría 1 Lingua e Literatura Española Instalacións singulares
Aulas de Debuxo 1 Salón de Actos 1 Xeografía e Historia Instalacións de B.T.
Aulas de Tecnoloxía 1 Biblioteca 1 Matemáticas Máquinas-Ferramentas
Aulas de Audiovisuais 2 Capela 1 Física e Química Naval
Laboratorios 3 Cafetería 1 Bioloxía e Xeoloxía Campo de fogo
Talleres 26 Camerinos 2 Debuxo-Tecnoloxía Aire Acondicionado
Ximnasios 2 Vestiarios 4 Inglés Instalacións Frigoríficas 1
Pista polideportiva descuberta 1 Vestiarios persoal 2 Francés Instalacións Frigoríficas 2
Estanque de prácticas 1 Aseos16+6 (Mariñas) 20 Educación Física Electrotécnico de Frío
Sala de Profesores 1 Aseos de Impedidos 1 Orientación Mecanizado
Sala de Reunións (120 postos) 1 Salas de Máquinas 5 Lingua e Literatura Galega Auga, Calor e Gas
Departamentos 16 Asociación de pais 1 Formación e Orientación Laboral Soldadura Eléctrica
Gabinete de Orientación 1 Asociación de alumnos 1 Electricidade-Electrónica Soldadura Oxiacetilénica
Sala de Titores 1 Asociación antigos alumnos 1 Mantemento, e Servizos á Produción Automatismos de Frío
Despacho Coordinador de F.C.T 1 Almacéns 3 Marítimo Pesqueira Pesca
Xefatura de Estudios 1 Mantemento 1 LABORATORIOS Eléctrotécnico Naval
Despacho Dirección 1     Física Automatismos Naval
Despacho Secretaria 1     Química Frío Naval
Despacho Resp. Economía 1     Bioloxía e Xeoloxía Seguridade Naval
Despacho Xefe de Estudios 1     Equipos Electrónicos 1 Tecnoloxía
        Equipos Electrónicos 2  
        Equipos Electrónicos 3  
        Sistemas Electrónicos 1  
        Sistemas Electrónicos 2  

1.2. Organización de espazos e tempos

A estrutura e utilización dos espazos do centro é unha decisión de gran transcendencia para o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Son evidentes as repercusións que poder chegar a ter elixir un modelo de organización baseado na adscrición da aula a un grupo de alumnos concretos, fronte a un modelo organizativo que toma como referencia a área ou materia, ocasionando unha maior especialización dos espazos, coas conseguintes vantaxes e inconvenientes. En particular, o noso Instituto decántase por unha organización de espazos segundo o primeiro caso, é dicir, adxudicando cada grupo a unha aula determinada e adopta-los criterios de rendibilidade, racionalidade e operatividade para o uso das aulas específicas e os espazos comúns de que se dispón.

Polo que respecta ós horarios, o dos alumnos debe garanti-la dedicación dos tempos que estableza para cada unha das áreas de aprendizaxe do currículo a normativa vixente en cada momento, ó tempo que se posibilite a optimización de tódalas variables confluentes: pedagóxicas, didácticas, estruturais, etc. Establécese o horario do curso en 6 sesións polas mañás con 2 descansos e pola tarde de 2 a 4 sesións. En canto ó dos profesores, é esencial estruturalo de tal xeito que facilite as reunións de aqueles que teñan que coordinarse nalgún aspecto (departamento, titores do mesmo nivel, membros da Comisión Pedagóxica, etc.)

2. Recursos humanos

2.1. Persoal

a) Persoal docente

ESPECIALIDADE CAT PES PTFP
Filosofía   4  
Latín e Grego   1  
Lingua e Literatura Española 1 1  
Xeografía e Historia 2 1  
Matemáticas 1 2  
Física e Química 1 2  
Bioloxía e Xeoloxía   2  
Debuxo   1  
Francés 1    
Inglés 1 3  
Educación Física   8  
Economía   1  
Música      
Relixión   1  
Orientación   1  
Orientación e Biblioteca   1  
Tecnoloxía   2  
Lingua e Literatura Galega 1 2  
Formación e Orientación Laboral   8  
Navegación e Instalacións Mariñas 1 4  
Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica   1  
Organización e Proxectos de Sistemas Enerxéticos   10  
Sistemas Electrónicos   4  
Sistemas Electrotécnicos e Automáticos   3  
Equipos Electrónicos     7
Instalacións electrotécnicas     4
Instalacións e Mantemento de Equipos Térmicos e de Fluídos     8
Máquinas e Servicios á Producción     9
Mecanizado e Mantemento de máquinas     1
Totais por categorías 9 63 29
Total de Profesorado 101

 

Lenda: CAT: Catedráticos PES: Profesores de Ensinanza Secundaria PTFP: Profesores Técnicos de Formación Profesional

b) Persoal de servizos e administración

  • persoal de secretaría: 3
  • persoal de conserxería: 4
  • persoal de limpeza: 12
  • persoal de mantemento: 4
  • auxiliar conversa: 1
  • Intérprete signos: 1

2.2. CARACTERÍSTICAS FUNCIONAIS E ESTRUTURA ORGANIZATIVA

a) Órganos de goberno unipersoais

  • Director
  • Secretaria
  • Xefe de Estudos
  • Xefe de Estudos adultos

b) Órganos de coordinación docente

  • Comisión de Coordinación Pedagóxica (CP)
  • Coordinador de Formación en Centros de Traballo (FCT)
  • Coordinador do Equipo de Normalización Lingüística (ENL)
  • Xefe do departamento de orientación Departamento de actividades extraescolares e complementarias 
  • Observatorio de Convivencia escolar

2.3. FORMAS DE PARTICIPACIÓN DOS DISTINTOS MEMBROS DA COMUNIDADE

O IES “Cruceiro Baleares” defende a necesidade da participación democrática e o diálogo constante entre os diferentes estamentos da comunidade educativa. Neste orde de ideas proclama ó Consello Escolar como órgano soberano de participación e decisión dos ditos estamentos (pais, alumnos, profesores, persoal non docente, etc.), cunha composición, competencias e funcionamento que se axustarán ó estipulado en cada caso pola lexislación vixente.

Corresponde ó Claustro de profesores a responsabilidade de planificar, coordinar e decidir sobre os aspectos docentes e á APA, á asociación de alumnos e á Xunta de Delegados, como órganos específicos de participación de pais e alumnos, respectivamente, a colaborar nos termos contemplados na normativa que lles afecte.

2.4. FORMAS DE ORGANIZACIÓN DO TRABALLO EN EQUIPO DOS PROFESORES

Os órganos de coordinación docente son instrumentos, colexiados ou unipersoais, encargados de ordena-las actividades docentes en estruturas operativas e funcionais interrelacionadas.

Os tipos de órganos de coordinación docente son esencialmente catro:

1. Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP)

2. Departamentos

  • Xerais:
    • Orientación
    • Actividades complementarias e extraescolares
    • Didácticos:
      • Os correspondentes a cada unha das áreas ou materias.
      • De familias profesionais:
        • Aqueles que en cada ano académico desenvolven actividade no Centro.

3. Equipos docentes

  • Xuntas de avaliación:
    • Formadas polos profesores que imparten clase nun mesmo grupo, nivel, etc.
  • Equipo de titores:
    • Formados polos profesores-titores dun mesmo nivel ou ciclo educativo.

4. Coordinadores específicos

  • Coordinador de Formación en Centros de Traballo
  • Coordinador do equipo de normalización lingüística

5. Dinamizacións

  • Dinamización das TIC’s (Tecnoloxías da Información e Comunicación)
  • Dinamización na mellora da Calidade Educativa
  • Dinamización da Biblioteca
  • Dinamización de Programas Internacionais

Todos estes órganos, así como a figura do profesor-titor, estarán, para a súa concepción e funcionamento, ó estipulado pola normativa vixente e os distintos Proxectos deseñados no Instituto.

3. Alumnos. Contextualización socio cultural

Actualmente a zona de influencia superior corresponde ós municipios de Culleredo e Carral, que conforman o maior número de alumnos de Bacharelato e Ciclos Medios. Nos Ciclos Superiores a procedencia do alumnado é moi diversa e corresponde a diversos concellos dos arredores.

A isto hai que engadi-lo continxente de alumnos que proceden do Internado o que amplía a diversidade e favorece un enriquecemento nas relacións humanas.

Na orde de convivencia e actitudes sociais, o alumnado non presenta especial incidencia, sendo irrelevantes os feitos producidos que merecen ser destacados. A ocupación actual do centro, englobando tódalas ensinanzas, é de arredor de 1.200 alumnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut