Skip to Content

TOI ATTP WIND ENERGY

TOI ATTP WIND ENERGY

Este proxecto de transferencia da innovación desenvolveuse durante dous cursos e tivo coma obxectivo desenvolver un curriculum formativo común para todos os países, no que se estableza a formación básica necesaria para a realización de operacións de mantemento en aeroxeradores.
 
Trátase dun proxecto de transferencia da innovación a dous anos no que interveñen socios de Dinamarca, Alemaña, Lituania, Gran Bretaña, Suecia e España.
 
No proxecto contouse, ademáis de centros educativos, coa colaboración dos principais tecnologos de enerxía eólica a nivel mundial, estos son: Vestas, Siemens, Enercon, Gamesa e DONG Energy.
 
Unha vez desenvolvido o curriculum baixo a aprobación dos socios do sector eólico, este foi posto a proba por medio de cursos piloto nos diferentes países, con alumnado en risco de exclusión e sen coñecementos previos en electricidade, mecánica ou hidráulica.

Unha vez rematado o currículum, foi presentado á GWO (Global Wind Organization), que ata o momento tiña publicados os estándares de formación en materia de seguridade para o sector eólico pero non contaba co desenvolvemento. A GWO aceptou o traballo desenvolvido no proxecto coma propio e agora é un dos estándares para a formación en mantemento de aeroxeradores baixo a súa aprobación.

Neste enlace atópase o documento Basic Maintenance Training (BMT)

Distribuir contido


by Dr. Radut