Skip to Content

Curso 2011-12

Instalación de calefacción xeotérmica con fins didácticos

Proxecto premiado pola fundación Alcoa. Consiste nun aula didáctica cunha instalación de calefacción por bomba de calor con enerxía xeotérmica.

PROXECTO DE INNOVACIÓN H2G.

Estase a desenvolver dende o Departamento de Enerxía e Auga do IES UNIVERSIDADE LABORAL de Culleredo, en colaboración co IEFPS USURBIL GLHBI e a empresa CIDETEC, do País Vasco, un Proxecto de Innovación aplicada e de transferencia do coñecemento na Formación Profesional do Sistema Educativo.

O día 14 e 15 de novembro tivo lugar en San Sebastián a primeira xuntanza do proxecto de innovación: A pila de hidróxeno, no que se estudará a utilización do hidróxeno coma vector enerxético e se pretende crear unha ferramenta para a divulgación de alternativas coherentes co desenvolvemento sostible e o respecto co medio ambiente.

Nesta reunión na sede da empresa CIDETEC propúxose un calendario de reunións para traballar nas diferentes fases do Proxecto.

  • Nunha primeira fase recibirase formación entorno das diferentes tecnoloxías das pilas de hidróxeno, formación que será organizada polo persoal de CIDETEC, empresa que se adica ao I+D en varios campos da enxeñería sendo un deles as baterías e as pilas de H2.
  • Nunha segunda fase redactaranse materiais didácticos cun formato teórico práctico orientado a alumnos de Formación Profesional.
  • A terceira fase consistirá na creación dun curso de formación a distancia por internet para formarse na pila de hidróxeno.

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE INSTALACIÓN DUNHA AULA DE XEOTERMIA E DA AULA DE NAVEGACIÓN

00/00/
Array

O día 14 de maio, ás 12:30h, na Sala de Reunións do Centro terá lugar o acto de presentación do "Proxecto de instalación dunha aula de Xeotermia", financiado pola fundación Alcoa.

A continuación levarase a cabo a inauguración da aula de Navegación, na que se fará unha demostración do funcionamento do Simulador de Navegación dotado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para o ensino de Marítimo Pesqueira.

Prevese a asistencia do Director Xeral de Educación don José Luis Mira, do alcalde de Culleredo don Julio Sacristán e da Xefe Territorial doña Mª Teresa Villaverde.

Distribuir contido


by Dr. Radut