Skip to Content

Curso 2014-15

Proxecto Bomba de calor solar

Se está a desenvolver no noso IES e contando coa colaboración do IES de Fene un proxecto de bomba de calor solar. Coordinado por profesorado do Departamento de Instalación e Mantemento.

Consiste no deseño e fabricación dunha bomba de calor que aproveita a radiación solar para obter unha eficiencia ou COP mellorado.

Premios Satma e Apeia

Fóronlle concedidos dous premios ao Departamento de Enerxía e Auga, na convocatoria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Os proxectos premiados están a ser desenvolvidos por profesores do departamento de Enerxía e Auga en colaboración con diversas empresas.

Os proxectos que se están a desenvolver son os seguintes:

  • Proxecto SATMA, no que se está a desenvolver unha ferramenta didáctica para o adestramento de persoal de mantemento de aeroxeradores. Con él preténdese dar visibilidade á documentación, procedementos e operación relacionada co mantemento destes equipamentos: satmawind.com (para accede a satmawind dende a rede interior do noso centro, pinchar no seguinte enlace: satmawind dende a Laboral)
  • No proxecto APEIA estanse a caracterizar e avaliar as perdas enerxéticas debidas ás infiltracións de aire no sector residencial por medio da realización de ensaios Blower Door en diversas tipoloxías construtivas, e o seu estudo para cuantificar a enerxía perdida por este concepto. Como resultado do estudo editouse o seguinte documento de "Análise de perdas enerxéticas por infiltración de aire": Versión galego - Versión castelán.

ADESTRADOR DE REGULACIÓN E CONTROL DAS INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS

O Proxecto ADESTRADOR DE REGULACIÓN E CONTROL DAS INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS foi premiado na II Convocatoria dos premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O desenvolvemento de dito proxecto levarono a cabo profesores dos departamentos de Enerxía e Auga e de Instalación e Mantemento xunto coa empresa SOLARGAL.

No proxecto ADESTRADOR DE REGULACIÓN E CONTROL DAS INSTALACIÓNS SOLARES TÉRMICAS, deseñouse e construíse un simulador de regulación e control de instalacións solares térmicas e desenrolouse o manual de uso do simulador e o manual de prácticas do adestrador.

Compañeiros do IES Universidade Laboral na Revista Galega de Enerxía

Varios profesores do noso IES participan no Proyecto Europeo Leonardo ATTP Wind Energy, proxecto que foi mencionado este mes na revista galega de enerxía.

Parabéns!!

Distribuir contido


by Dr. Radut