Skip to Content

Curso 2015-16

O Noso 3D

Os alumnos do ciclo de Formación Básica de Fabricación e Montaxe,coordinados por profesores dos departamentos de Instalación e mantemento e FOL, forman parte do proxecto miniempresas de A Coruña Emprende 2 que busca fomentar a creación de empresas simuladas nas aulas.

Podedes ver o seu traballo nas seguintes ligazóns:

www.facebook.com/O-NOSO_3D-482220031963531/?fref=ts

http://onosotresd.simplesite.com/426662750

 

Tedes un artigo do diario La Opinión, que detalla moi ben en que consiste o proxecto:

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2016/03/23/o-ies-universidade-laboral-crea/1053425.html
 

 

Deseño e montaxe dunha instalación altamente eficiente: Vestiario 0,0.

Na convocatoria deste ano dos premios a proxectos de innovación en FP, o noso centro volveu a ter un novo proxecto premiado, esta vez na modalidade B (didáctica) e vai consistir no Deseño e montaxe dunha instalación altamente eficiente: Vestiario 0,0.

Coa execución deste proxecto pretendese realizar unha instalación no noso centro na que se van a usar técnicas e equipos innovadores, coa pretensión de demostrar a viabilidade técnica e económica na execución e uso de instalacións de consumo enerxético nulo ou case nulo. Para elo, no deseño e montaxe do Vestiario 0,0 potenciarase o máximo posible a eficiencia enerxética, tratando acadar un consumo mínimo de auga, usando as augas pluviais e reutilizando as augas grises, e acadar tamén un consumo mínimo, incluso cero, de enerxía. Para elo usaranse fontes renovables como a enerxía solar térmica e fotovoltaica. No deseño e execución do proxecto van participar alumnos das familias de Enerxía e Auga e Instalación e Mantemento.

Como espazo para executar o proxecto está previsto usar os antigos baños (WC 8.5 e 8.1) que linda cos talleres de soldadura.

Distribuir contido


by Dr. Radut