Skip to Content

C.S. Mecatrónica Industrial - Dual

 

Impartimos o Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial dentro das ensinanzas de FP DUAL, en colaboración coa empresa Hijos de Rivera S.L. (Estrella Galicia).

O ciclo ten unha duración de 2 cursos e a formación é combinada entre o centro educativo e a empresa, dende o primeiro curso.

Os requisitos para acceder á FP dual son:
 
  • Ter entre 18 e 29 anos.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
  • Carecer da cualificación profesional requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo (por exemplo, no caso de FOL)
 
Tríptico de información: Pinchar aquí para descargar o tríptico
 
O prazo de solicitude de matrícula abrirase a mediados de xuño na Secretaría do noso Centro.
 
No seguinte enlace atópase máis información xeral sobre a FP Dual en Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

No seguinte enlace atópase máis información sobre o acceso e a admisión á FP Dual: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-fpdual
 
No seguinte enlace atópase máis información sobre o contido do curso: http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo/SIMA03
 
 
 
 
AdxuntoTamaño
Triptico CS Mecatronica - Dual_comprimido.pdf567.78 KB


page | by Dr. Radut