Skip to Content

EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA ADULTOS

A oferta do centro destes estudos é a seguinte:

Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria. Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

  • Horario: estase impartindo na actualidade e dese a súa implantación no Centro en horario de mañá.
  • Distribución horaria xeral dos períodos lectivos:
Ámbitos de coñecemento Módulos
Primeiro Segundo Terceiro Cuarto Totais
Social 3 3 4 4 14
Científico-tecnolóxico 8 8 8 8 32
Comunicación 6 6 4 4 20
Lingua estranxeira 2 2 2 2 8
Titoría 1 1 1 1 4
Totais 20 20 19 19  
  • módulo de 3º: Comezará o 1 de outubro e rematará a 2ª semana de febreiro.
  • módulo de 4º: Comezará a 3ª semana de febreiro.

Para o alumnado novo realizáranse probas de nivel correspondente.

Máis información nesta páxina da Consellería de Educación.



page | by Dr. Radut