Skip to Content

CICLOS FORMATIVOS

 

Pódese ver a información relativa a cada ciclo ofertado no noso IES no menú "DEPARTAMENTOS". Seleccionar o departamento ao que pertence o ciclo que interesa.

 

Formación Profesional Básica

Os ciclos de FP Básica terán unha duración de 2000 horas lectivas repartidas en dous cursos académicos e darán acceso preferente a determinados ciclos de grao medio.

Os requisitos para acceder a esta formación son os seguintes:

a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.

b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica.

Cumprirá, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

Os ciclos impartidos neste centro son os seguintes (pichar no enlace para ver o curriculo):

Electricidade e Electrónica

Fabricación e Montaxe

Os módulos impartidos en cada ciclo son os seguintes:

Áreas ou módulos Materias
Comunicación e sociedade I e II

Lingua castelá

Lingua Galega

Lingua extranxeira

Ciencias sociais

Ciencias aplicadas I e II

Matemáticas Aplicadas

Ciencias Aplicadas

Módulos específicos profesionais  
Titoría  
Formación en centros de traballo  


page | by Dr. Radut