Skip to Content

CHARLA ORGANIZADA POLA ANPA: Despertar sexual e diversidade na adolescencia

Charla: Despertar sexual e diversidade na adolescencia

GRATUITA para todas as familias
Data: 20 de marzo ás19:00 horas
Lugar: salón de actos do instituto
Contamos con Raquel Doval, psicóloga experta en adolescencia e sexualidade, que nos vai axudar a coñecer e acompañar mellor aos nosos fillos e fillas no seu despertar sexual. 
Anímate!!!
 

 

RESULTADOS ABAU ORDINARIA 2023 - PARABÉNS AO ALUMNADO

A dirección do centro e o claustro de profesores do IES O Couto quere felicitar ao alumnado que se presentou as probas ABAU ordinarias polos excelentes resultados obtidos, acadando a posición 23 dos resultados ABAU de Galicia:

  • O 60% do alumnado supera unha cualificación de 10 puntos
  • O 42,2 % do alumnado supera a cualificación de 11 puntos.
  • O 28,8% do alumnado supera a cualificación de 12 puntos.
  • O 13,3% do alumnado supera os 13 puntos (6 alumnos)

Listaxe provisional de admitidos e excluídos do Comedor escolar 2023-24

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR 2023-24

Á espera da ampliación de prazas do comedor, prevista inicialmente para o mes de novembro,  infórmase de que xa está dispoñible no taboleiro do centro a listaxe provisional do alumnado admitido no comedor escolar. Para confeccionar a listaxe do alumnado en lista de reserva tivéronse en conta os criterios acordados no consello escolar que figuran máis abaixo neste mesmo documento.

En caso de empate entre varios solicitantes realizarase un sorteo das prazas dispoñibles. Este sorteo será público e realizarase o mércores día 18 de outubro ás 11:00 h na dirección do centro.

O venres 20 de outubro publicarase a listaxe de reserva provisional no taboleiro interior do centro. Unha vez publicada a listaxe de reserva provisional, os pais/nais disporán dun prazo de 5 días hábiles para realizar reclamacións e achegar aquela documentación que estimen oportuna (do 23 luns ao 27 venres de outubro, ambos incluídos)

 

 

OBS: Orde de preferencia segundo a normativa actual de Comedores escolares

  1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que variase substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
  2. Alumnado beneficiario do servizo de transporte escolar.
  3. Ter un/unha irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude. (Fotocopia do libro de familia)
  4. Alumnado en situación socioeconómica desfavorable ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.  Certificado polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
  5. Alumnado membro de familias numerosas (Acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto).
  6. Alumnado, fillos de pais e nais traballadores con incompatibilidade demostrada dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía. (Acreditar documentalmente ambos progenitores/titores, mediante a seguinte documentación segundo o caso:
    1. Informe de vida laboral expedido polo organismo laboral competente ou certificado da unidade de persoal á que pretenza o empregado público.
    2. Certificado de empresa, xustificativa da duración da xornada e o horario de traballo.
    3. Certificación xustificativa de alta no IAE
    4. Declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
  7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
  8. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore nos labores de atención e apoio ao alumnado

Os criterios aprobados polo Consello Escolar para o caso de empates (unha vez esgotados os criterios normativos) coa finalidade de ordenar a listaxe de reserva son por orde de preferencia:

  1. Caso de empate no Alumnado transportado: distancia ao centro; Ordenarase segundo á distancia ao centro, a maior distancia maior prioridade.
  2. Caso de empate no alumnado non transportado: Idade; A menor idade mayor preferencia.

Ábrese polo tanto un prazo de cinco días hábiles (dende o 23 de outubro ao 27 de outubro 2023 ambos incluídos) para achegar  documentación na Secretaría do centro e cubrir o impreso de reclamación. O día 30 de outubro publicarase a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

 

AVISO TRANSPORTE ESCOLAR

A partir do luns 2 de outubro 2023, haberá cambios para o  Transporte DO ALUMNADO que solicitou a parada "ROTONDA DO COUTO".

SOAMENTE PARA O ALUMNADO QUE SOLICITOU A PARADA DA ROTONDA DO COUTO

PARADA DÍA HORARIO EMPRESA
ROTONDA COUTO LUNS 1ª HORA MAÑÁ, IDA AO IES ALFER
ROTONDA COUTO LUNS 14:00 H, VOLTA A CASA GAVILANES
ROTONDA COUTO LUNS TARDE, IDA AO IES GAVILANES
ROTONDA COUTO LUNS 18:00 H, VOLTA A CASA ALFER
ROTONDA COUTO MARTES A VENRES 1ª HORA MAÑÁ, IDA AO IES ALFER
ROTONDA COUTO MARTES A VENRES 14:00 H, VOLTA A CASA ALFER

CONVOCATORIA ORDINARIA ABAU (selectividade)

O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de xuño de 2023 para o alumnado de 2º de BAC que supere o curso na avaliación ordinaria de 2º de BAC realizarase entre os días 18 a 19 de maio.

 

Data Ligazón
18 e 19 de xuño 2023
  • Proceso de matrícula nas ABAU ordinarias 2023

EXAMES:

  • 06,07,08 de xuño 2023 exames ABAU da convocatoria ordinaria  (CD 19) Facultade de Dereito. Campus Universitario As Lagoas. Ourense

INSTRUCIÓNS E DATAS IMPORTANTES:

IMPRESOS, LIGAZÓNS PARA OS PAGOS ONLINE:

  • Pago online:
    1. Pago de tasas do título de Bacharel online
    2. Pago de tasas das probas ABAU, a través de NERTA.
  • Pago no banco:
    1. Impreso para o pago das tasas ABAU se non se fai online.(Facer tres copias)
    2. Impreso para o pago do título de bacharelato (descargar modelo) Para descargar o modelo premer en "INICIAR TASA", premer no candado aberto e despois en "DESCARGAR MODELO".

 

BECAS para estudos postobrigatorios

Lémbrase que o Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

O prazo de solicitudes é do 27 de marzo ao 17 de maio/2023, a través da Sede Electrónica do Ministeriohttps://www.educacionyfp.gob.es/

AXUDAS PARA ALUMN@S CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

AXUDAS PARA ALUMN@S CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

PREMIOS extraordinarios de ESO ao rendemento académico

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut