Skip to Content

Taboleiro

Charla sobre delitos penais nas redes sociais (Departamento de tecnoloxía)

O día 7 de febreiro o alumnado do 3º curso da ESO e o que cursa 4º da ESO pola opción de Tecnoloxía, participou na conferencia de delitos nas redes sociais, impartida pola Universidade de Vigo e organizada polo departamento de tecnoloxía do noso centro.

A charla impartida pola ponente Marta García, versou sobre o uso das redes sociais e como certas accións que se levan a cabo poden ser constitutivas de delito, a gran parte deles delitos administrativos que conlevan penas de multa pero algúns, os máis graves poden ter consecuencias penais: ciberbullying, algúns retos virais...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut