Skip to Content

 

 

 

 

Taboleiro

Visita a exposición "Galicia un relato no mundo"

O pasado 4 de marzo, organizado polo departamento de Lingua galega,as alumnas e alumnos de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato, tiveron a ocasión de visitar a exposición Galicia no Mundo que se está a celebrar na Cidade da Cultura de Santiago.A exposición ,explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo, nun percorrido que vai desde a Prehistoria ata a actualidade. 

No marco da exposición chegan por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións de museos de distintos rincóns do mundo. A continuación tedes unha mostra:

Guerreiro de Lesenho A Santa de Francisco Asorey

 

 

Andaina pola Illa de Arousa: ruta dos Pilros

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de 1º,2º e 3º da ESO xunto con varios dos seus profesores, fixeron a ruta dos Pilros na Illa de Arousa.A ruta dos Pilros recorre o parque natural do Carreirón e pódese disfrutar do silencio e da natureza en todo o seu esplendor.

Visita ao Centro de supercomputación de Galicia (Cesga) e ao Citius

O pasado xoves 6 de febreiro, os alumnos de 2º de FP básica de informática e o alumnado de 1º  do ciclo medio de sistemas microinformáticos e redes, foron visitar o Centro de supercomputación de Galicia, así como o Centro singular de investigación en tecnoloxías intelixentes situados ambos en Santiago de Compostela.

Ambos organismos destacan  pola súa labor investigadora no campo das novas tecnoloxías, axudando entre outras cousas a industria galega na incorporación de coñecementos técnicos e búsqueda de solucións 4.0.

Aquí tedes unha imaxe da visita ao CITIUS.

 

Charla da escritora Ana Alcolea

O pasado día 6 de febreiro, as alumnas e alumnos de 3º da ESO puideron desfrutar dunha charla coa escritora Ana Alcolea,nunha actividade organizada polo departamento de Lingua Castelá.

A escritora zaragozana falou do seu libro O segredo do Colibrí dorado ( libro que están lendo os rapaces), facendo un percorrido polos distintos escenarios onde ten lugar a historia, analizando aos seus protagonistas e incluso falando doutros libros da mesma autora.

 

Proxección da película Mía e o león branco

O pasado martes día 14 de xaneiro, todo o alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu no salón de actos do centro, a proxección da película Mia e o león branco dentro do programa Cineensino para promoción de valores e prevención de transtornos adictivos.

A historia basease na relación  de amizade dunha nena e un león blanco a través dos anos e no afán da nena porque este viva en libertade, lonxe da ameaza dos cazadores.

Resultado de imagen de mia y el leon blanco

Teatro: Asistencia á representación teatral “Le Diner des Cons”

O pasado venres 17 de xaneiro, todo o alumnado de francés do centro, asistiu a representación teatral da obra “Le Diner des Cons” (A cea dos idiotas) no auditorio de Vilagarcía, nunha actividade organizada polo departamento de Francés e o departamento de actividades extraescolares. Con este tipo de actividade preténdese reforzar a competencia lingüística do alumnado neste idioma.

Resultado de imagen de le diner de cons teatro

O Cotarelo celebra o Samaín

Na semana pasada e para conmemorar o Samaín, no Cotarelo proxectamos para os cursos de 1º e 2º da ESO a película de debuxos animados HOTEL TRANSILVANIA.O mércores 30, todo o alumnado, profesorado e persoal non docente, puidemos saborear unha deliciosa rosca de Samáin que nos preparou o alumnado de 3º da ESO e por suposto para que quedase inmortalizado este día tamén fixemos fotos no photocall .

Distribuir contido


by Dr. Radut