Skip to Content

 

 

 

 

Taboleiro

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como ben sabedes cada 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado ao escritor e filólogo Ricardo Carvalho Calero, membro da Real Academia galega dende 1958.

Pese a non estar físicamente nas aulas,desde o noso centro non nos esquecemos de conmemorar este día, e para iso, queremos amosarvos unha serie de propostas para celebrar  con toda a comunidade educativa do IES COTARELO este día tan importante para a nosa cultura e a nosa lingua.

Aquí vos deixamos uns enlaces para todos vós que esperemos que disfrutedes:

Material para 1º da ESO:

https://www.youtube.com/watch?v=JjDWS9hT7OQ

 

Material para 1º e 2º da ESO e Módulo II da ESA:

https://www.youtube.com/watch?v=b2e3OApT5xg

 

Material para 2º e 3º da ESO, FP Básica e Módulo II da ESA:

https://www.youtube.com/watch?v=o-LfGDiXTOY

 

Material para 4º da ESO, Bacharelato, Ciclos Medios, Ciclos Superiores e Módulo IV da ESA:

https://www.youtube.com/watch?v=6jk-UHD3Xms

 

Material para toda a Comunidade Educativa:

https://carvalho2020.gal/?lang_gl

 

 

Conmemoramos o día do libro

Pese a estar na casa confinados por unha boa razón, non podemos esquecer que hoxe é 23 de abril e como todos os anos por estas datas CONMEMORAMOS O DÍA DO LIBRO!

Nos seguintes adxuntos podedes ver a historia de Don Quixote en viñetas e unha breve referencia ao marabilloso Julio Verne e toda a súa prolífica obra.

Desfrutade máis que nunca estes días, das incribles historias que nos contan os libros.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

Julio Verne e a súa obra: Pinchade aquí

O Quixote en viñetas:Pincha aquí

 

ENTROIDO 2020

A CONTINUACIÓN PODEDES VER AS MELLORES IMAXES DO NOSO ENTROIDO ASÍ COMA OS GAÑADORES

 

El carnaval 2020 comienza a tomar cuerpo en Arteixo - NH Diario

Para ver as mellores imaxes do ENTROIDO DO COTARELO PINCHA AQUÍ

Para ver quenes foron os gañadores nas distintas categorías PINCHA AQUÍ

 

RESULTADOS DA FASE FINAL DO TORNEO DE BALONCESTO

No seguinte arquivo pdf aparece un resumo dos gañadores do torneo de baloncesto celebrado nos primeiros días de marzo.

Pinchade aquí para ver os gañadores

No IES Cotarelo conmemoramos o 8M

Co gallo da celebración do 8 de marzo, día internacional da Muller, no noso centro estamos a facer diversos actos para conmemorar esta data como un concurso fotográfico, proxección de videoclips, a realización por parte dos alumnos de libretas conmemorativas e a realización dun mural na valla principal do centro.

Aquí podedes ver unha selección de imaxes do mural:

 

Ademáis o día 10 de marzo, o alumnado de FP básica de comercio e de informática e o alumnado de 1º de bacharelato da materia de debuxo técnico con axuda dalgúns dos seus profesores, fixeron un precioso mural no patio do instituto.

Visita a exposición "Galicia un relato no mundo"

O pasado 4 de marzo, organizado polo departamento de Lingua galega,as alumnas e alumnos de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato, tiveron a ocasión de visitar a exposición Galicia no Mundo que se está a celebrar na Cidade da Cultura de Santiago.A exposición ,explora a interacción entre o territorio histórico galego e o resto do mundo, nun percorrido que vai desde a Prehistoria ata a actualidade. 

No marco da exposición chegan por vez primeira a Galicia destacadas pezas de alto valor simbólico para a historia e a cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas coleccións de museos de distintos rincóns do mundo. A continuación tedes unha mostra:

Guerreiro de Lesenho A Santa de Francisco Asorey

 

 

Andaina pola Illa de Arousa: ruta dos Pilros

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de 1º,2º e 3º da ESO xunto con varios dos seus profesores, fixeron a ruta dos Pilros na Illa de Arousa.A ruta dos Pilros recorre o parque natural do Carreirón e pódese disfrutar do silencio e da natureza en todo o seu esplendor.

Distribuir contido


by Dr. Radut