Skip to Content

Tecnoloxía

INFORMACIÓN PARA ALUMNOS/AS CON MATERIAS PENDENTES DE TECNOLOXÍA DE CURSOS ANTERIORES

Os alumnos/as que teñan materias pendentes de cursos anteriores por recuperar terán que poñerse en contacto co seu profesor do departamento que imparta no seu curso. De non ter profesor no curso poden poñerse  en contacto coa xefa do departamento (Rosalía González) no aula taller de tecnoloxía ( 010) no recreo dos luns

INFORMACIÓN PARA ALUMNOS QUE QUEREN CURSAR A MATERIA DE TIC II

 O acceso á materia de TIC II recollido  na programación do departamento de Tecnoloxía  na páxina 255 colgada na páxina web (departamento de tecnoloxía) para o curso 2021-22 e que pode servir de referente para o próximo curso) di o seguinte:

 

ACCESO A MATERIA DESDE 1º DE BACHARELATO

Para ter acceso a cursar a materia de 2º Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) II o alumnado necesitará ter cursado e superado a materia de TIC de 4º da ESO e/ou TlC I de 1º de Bacharelato. Se o alumnado non tivera cursado esas materias e quixera incorporarse a TIC II tería que facer unha proba de contidos no mes de setembro que versaría sobre os contidos de TIC I.

Os contidos de TIC I está recollidos na programación de forma pormenorizada na páxina 208.

A proba de acceso a TIC II consistirá en exercicios de resposta  escrita e exercicios a realizar no ordenador.

Na parte escrita valorarase os seus coñecementos en elementos de hardware, redes e programación. Na parte práctica no ordenador  valorarase  o coñecemento nun paquete de ofimática ( editor de textos, folla de cálculo e base de datos), deseño 3D, edición de video, audio e imaxe  e programación en contorna gráfico tipo Scratch.

Os alumnos dispoñen de libros de texto recomendados  da materia de TIC I na biblioteca do centro para ver o tipo de actividades.

Os contidos  e criterios de calificación da materia de TIC II  para o curso 2021-22  (que poden servir de referente para o curso que ven) están recollidos na programación na páxina 252-254:

Tarefas realizadas en clase e entregas en tempo e forma: 50% da nota

Probas escritas: 50% da nota

 

 

Charla sobre delitos penais nas redes sociais (Departamento de tecnoloxía)

O día 7 de febreiro o alumnado do 3º curso da ESO e o que cursa 4º da ESO pola opción de Tecnoloxía, participou na conferencia de delitos nas redes sociais, impartida pola Universidade de Vigo e organizada polo departamento de tecnoloxía do noso centro.

A charla impartida pola ponente Marta García, versou sobre o uso das redes sociais e como certas accións que se levan a cabo poden ser constitutivas de delito, a gran parte deles delitos administrativos que conlevan penas de multa pero algúns, os máis graves poden ter consecuencias penais: ciberbullying, algúns retos virais...

 

DATAS E PLAN DE RECUPERACIÓN PARA A PROBA DE SETEMBRO

Datas das probas 

Tecnoloxía: 1 de setembro as 17:30

TIC: 2 de setembro as 16:30

Non sabes que materias escoller para o próximo curso?

Aquí tes información das materias optativas que podes escoller para 3º e  4º da ESO  e de bacharelato no sobre da matrícula para o curso 2022/2023 impartidas  polas profes do departamento de tecnoloxía. Pica nas materias para ver a presentación

 

Para 3º da ESO:

 

Para 4º da ESO:

Para 1º bacharelato

 

¿Suspendiches algunha avaliación e non estás na aula virtual? Aquí tes o boletín para recuperala

Se non estás en contacto coa túa profesora pero queres recuperar algunha avaliación suspensa descarga o arquivo que corresponde a avaliación que suspendiches.

Podes resolvelo en folios ou no boletín impreso.

Tes de plazo ata o 15 de xuño para entregalo no centro no departamento de tecnoloxía.

 

Os emails de contacto son: susanatecnocotarelo@gmail.com e rosaliaprofedetecno@gmail.com.

PÁXINAS INTERESANTES

Páxinas interesantes de diferentes temáticas

Debuxo www.educacionplastica.net
                                                                                  
Mecanismos       http://www.tecnoloxia.com/mecanismos/
   
Scratch

 https://scratch.mit.edu/

   
Deseño 3D

https://www.tinkercad.com/

   
Electrónica

Alternador

 

Funcionamiento del relé

  Inversor de giro con relé
 

Control electromecánico: semáforo

 

Coche evita obstáculos. Ejercicio 40 del  libro

 

Resistencias

 

Montaje detector de luz con resistencia LDR

 

Condensador

 

Diodo

 

Transistor

 Prácticas de electrónica

Primer circuito con protoboard

 

Regular luminosidad de led con potenciómetro

 

Circuito con un condensador

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut