
Bases:
1. PARTICIPANTES
Poderán participar todas as alumnas e alumnos que cursen estudos durante o curso 2019-2020 nos centros de ensino secundario da Comarca do Salnés, incluíndo o IES de Barro.
2. CATEGORÍAS
- 1° e 2º de ESO.
- 3º e 4º de ESO e FPB.
- Bacharelato e Ciclos
3. PREMIOS
Outorgaranse 2 premios (un primeiro e un segundo) en cada categoría. Todos os traballos premiados serán editados co nome da autora ou autor e recibirán un diploma acreditativo. Os finalistas mais os traballos premiados formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá todos os Centros participantes.
4. CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS.
Os traballos terán que ser orixinais e inéditos.
Tema: "O GALEGO E A LUSOFONÍA. A nosa lingua pertence a unha grande comunidade lingüística que naceu precisamente en Galiza hai xa máis de 12 séculos e que se estende ademais por Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guiné Bissau, Timor-Leste, São Tomé e Príncipe, Goa, Macau e moitos outros lugares do mundo".
Formato: Os traballos poderán ser presentados en calquera forma e tamaño sobre papel ou cartolina.
Cores e técnica: Poderán utilizar calquera cor. A técnica será libre.
Texto: Deben incluír un texto orixinal e inédito que faga referencia ao tema proposto.
5. ENTREGA DOS TRABALLOS
O orixinal de cada traballo, sen asinar e sen datos identificativos na parte frontal, será entregado ao responsábel do Equipo de Dinamización Lingüística do Centro onde a/o participante curse os seus estudos. Ben nun sobre co texto do traballo na súa parte exterior, ben na parte posterior do orixinal, figurarán os datos persoais (nome e apelidos, centro ao que pertence, curso, grupo e idade), da autora ou autor.
6. PRAZO DE ENTREGA
Os traballos poderán ser entregados ata o día 24 de xaneiro de 2020 ao Equipo de Normalización Lingüística onde curse estudos a/o participante.
7. XURADO
O xurado estará formado por dous membros de cada un dos centros arriba nomeados, designados polo EDL dos mesmos. A interpretación destas bases queda a criterio do xurado. O fallo será inapelable e producirase o martes 28 de xaneiro de 2020.
8. PUBLICIDADE DO FALLO
Farase público en cada centro, ao día seguinte do fallo e tamén a través dos medios de comunicación.
9. ENTREGA DOS PREMIOS
Os premios entregaranse na data e lugar que decida a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos Centros de Ensino Medio do Salnés, con preferencia no centro onde cursen estudos a maioría dos premiados ou premiadas nas catro categorías.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
coordinadora de equipos de dinamización lingüística do Salnés