Skip to Content

 

 

 

 

Educación Física

AVISO PARA O ALUMNADO QUE TEÑA A MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA SUSPENSA

SE TES QUE IR A SETEMBRO PARA APROBAR A MATERIA DE EDUCACIÓN FÍSICA, AQUÍ ATOPARÁS TODA INFORMACIÓN QUE NECESITAS PARA PREPARAR E SUPERAR A PROBA.

É moi probable que a proba extraordinaria de setembro non se poda realizar de xeito presencial, polo que atendendo ao establecido na Adaptación da Programación por causa do COVID-19 , faremos unha modificación nas probas que tiñamos establecidas.

Aquí atoparás as indicacións sobre o que tes que facer para superar a materia mediante esta proba extraordinaria (SETEMBRO). Tamén atoparás materiais para practicar os distintos contidos vistos ao longo do presente curso e así poder preparar a proba.

Se tes algunha dúbida ou algunha dificultade fai a túa consulta nos foros habilitados e trataremos de resolvela o antes posible

MOITO ÁNIMO!!! De seguro que con un pouco de constancia haberédelo de conseguir.

 

Novas Programacións Didácticas Adaptadas para o terceiro trimestre

Debido a inusual situación adaptáronse as programacións didácticas do departamento de cara ao terceiro trimestre seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Material durante o periodo de peche para os centros educativos.

Na seguinte ligazón o alumnado poderá atopar as propostas, que dende este Departamento se facilitan, para estes días á espera de como se vaian presentando os acontecementos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescotarelovilagarcia/aulavirtual/course/index.php?categoryid=11

Trátase da aula virtual do Centro e poden acceder a información como convidados simplemente picando enriba do seu curso e grupo.

Programación departamento de educación física

Resultado de imagen de educación fisica Para consultar a programación de educación física pinchade aquí

MEMBROS DO DEPARTAMENTO 19/20

Rey Rodríguez, Enrique(xefe do departamento)

López Castaño, Juan José 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut