Skip to Content

 

 

 

 

Grego

Grego

Novas Programacións Didácticas Adaptadas para o terceiro trimestre

Debido a inusual situación adaptáronse as programacións didácticas do departamento de cara ao terceiro trimestre seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia. 

Materiais de traballo no confinamento. GREGO II

GREGO 2º BACHARELATO

NOVO: As tarefas da 3ª avaliación e da preparación da ABAU publicaranse na aula virtual de Grego 2  aulacotarelo e avisarase por correo electrónico a principio de semana dos seus prazos (sempre orientativos; admitiranse traballos ata unha semana antes da avaliación final)

Calquera alumno de diúrno, adultos, pendentes ou que vaia a presentarse á ABAU que non accedera aínda á aula virtual pode facelo co seu usuario da rede cotarelo seguido de @iescotarelo.org e o seu contrasinal. Quen non coñeza estes datos ou os esquecera pode solicitar o acceso no enderezo latin.grego.cotarelo@gmail.com ou pedir o seu envío por outros medios.

Semana 25-31 de maio: aulacotarelo Grego 2

7ª tarefa. Texto en liña.Ciro chega a Timbrio onde está a fonte do rei Midas (Anábase)

 Semana 18-24 de maio: aulacotarelo Grego 2

1) 5ª tarefa. Texto en liña: Os gregos organizan unha competición de ximnasia (Anábase)

2) 6ª tarefa: a) -Le con atención esta presentación dun fragmento da Anábase de Xenofonte analizado, explicado paso a paso e traducido ( G2 Anál.sintac.explicado JENOFONTE ANÁBASIS I, 5 12 CLEARCO.pdf ) e contesta estas 3  preguntas: ¿Cántos participios hai no texto, de qué tempo son e cómo se traducen? ¿Qué valor ten a forma do pronome αὐτός-ή-όν da 1ª  liña? ¿ e a da última?

-b) Resolve este cuestionario autocorrexible sobre un texto de Xenofonte e sube a captura de pantalla á aula virtual (ou envíaa por correo electrónico): Jenofonte - Helénicas IV

Semana 11-17 maio

1)3ª tarefa texto en liña: Lisandro delibera sobre os prisioneiros (modelo ABAU)

 2) 4ª tarefa: resolve estes dous cuestionarios sobre textos de Xenofonte e sube a captura de pantalla á aula virtual (ou envíaa por correo electrónico):

 Cuestionario 1(JENOFONTE. Helénicas. I.2.4) Cuestionario 2 (JENOFONTE. Helénicas I.2.6)

Semana 4-10 maio:aulacotarelo Grego 2

-tarefa texto en liña 1 e texto en liña 2

-exploración dos recursos da aula virtual, selección e experimentación de dous de cada apartado e valoración no foro correspondente

--------------------------------------------

N.B. CONSULTA MÁIS ABAIXO AS SOLUCIÓNS ÁS TRADUCIÓNS QUE COLGAMOS PERIODICAMENTE

16 MARZO 2020

Estes días podedes aproveitar para ler o tema de literatura adxunto: Drama. Traxedia e Comedia e contestar o control de lectura adxunto.Lembrade que o apartado Traxedia 2) b) consiste en ler os argumentos ou resumos de todas as  traxedias conservadas e insertar os títulos nun epígrafe. Le dous ou tres cada día. Non máis.

Tamén teredes tempo para ler a traxedia Edipo Rey e completar a ficha de lectura adxunta. 

Para repasar a figura de Xenofonte, a Guerra do Peloponeso e o contido das Helénicas, así como enfocar a tradución dun texto tipo dun xeito diferente podedes contestar os dous tests (test 1 test 2).Para facer o segundo é recomendable ler o libro II das Helénicas e o artigo de Antonio Penadés sobre a figura de Lisandro e o final da Guerra do Peloponeso.

Aquí tedes máis textos das Helénicas con cuestións para traducir. Iremos publicando as solucións periódicamente

E como recomendación xeral empregade de vez en cando o sitio luduslitterarius.net para refrescar a morfoloxía grega

 

Convocatoria de probas telemáticas de recuperación

 Alumnado con avaliacións suspensas ou a materia de Grego pendente que non presentara as tarefas de recuperación propostas durante este trimestre deberá realizar unha proba telemática nas seguintes datas e plataformas:

Grego I Adultos

 Realizarase a través da aula virtual (aulacotarelo Grego 1)

 Luns 1 de xuño: 18:30 h

 

Grego II Adultos

Realizarase a través da aula virtual (aulacotarelo Grego 2)

Martes 2 xuño: 18:30 h

Materiais de traballo no confinamento. GREGO I

GREGO 1º BACHARELATO


 Contacto cos alumnos con Grego I pendente (diúrno e adultos): enderezo electrónico latin.grego.cotarelo@gmail.com. Recomendamos encarecidamente que soliciten o acceso á aulacotarelo por este medio para preparar a proba de finais de maio. Acceso á aulacotarelo: usuario da rede seguido de @iescotarelo.org e o seu contrasinal. Quen non coñeza estes datos ou os esquecera pode solicitar a a súa recuperación no enderezo electrónico do departamento.


 EXERCICIOS E TAREFAS:

TRABALLO SEMANA 25-31 DE MAIO: aulacotarelo Grego 1

Tarefa: Le con atención as presentacións  05. APOLONIO DE RODAS , 06. MEDEA  e 07. ARISTIPO EL FILÓSOFO sobre cómo analizar grego paso paso que tes no bloque 3 e mándame a tradución de cada fragmento pola mensaxería da aula ou por correo electrónico

 Semana  18-24 de maio: aulacotarelo Grego 1

1) Fai os exercicios dos temas en vocal e diptongo que tes en pdf. como preparación, consulta o vocabulario dese documento e dos teus apuntes de declinacións e ao final envía o teu mellor intento do cuestionario moodle  MINIPROBA 3ª declin. TEMAS EN VOCAL E DIPTONGO

2) Tarefa: Le con atención a 2ª e 3ª presentación 03. G1 Anál. sintac. explicado 1.3. EL JUICIO DE PARIS (=ALEJANDRO) 04. G1 Anál. sint. explicado 1.4. HOMERO sobre cómo analizar grego paso paso que tes no bloque 3 e mándame a tradución de cada fragmento pola mensaxería da aula ou por correo electrónico

Semana 11-17 de maio: aulacotarelo Grego 1

1) 1.1. ΜΙΝΙPROBA 3ª DECLIN. TEMAS EN SILBANTE . Envío o teu mellor intento. Para preparalo resolve antes o boletín de exercicios de temas en silbante que tes en pdf na aula e na web (non é necesario que o fagas todo pero bótalle un ollo porque as preguntas do cuestionario están en parte sacadas de aquí)
1.2.MINIPROBA DE ETIMOLOXÍA 1. Preguntas variadas sobre os helenismos derivados das dez primeiras palabras do boletín de exercicios de etimoloxía de Sito Yelas que tes en pdf na aula e na web. (se resolves antes as 10 primeiras preguntas deste documento a miniproba será moi doada)

2) Le con atención a primeira presentación sobre cómo analizar y traducir grego paso a paso que tes no bloque 3) no cartafol TEXTOS ANALIZADOS Y EXPLICADOS para TRADUCIR.  Mándame a tradución pola mensaxería interna da aulacotarelo.(ou no seu defecto por correo electrónico)

Estas son as datas de publicación. Para a realizacion o prazo é ata o 5 de xuño.

 Semana 4-10 maio:aulacotarelo Grego 1

1) enviar os cuestionarios moodle dos temas en oclusiva e nasal (a disposición na aula hai 15 días)

2) explorar TODOS os apartados do curso (teóricos y prácticos). Testar dous recursos (vídeos, exercicios online, arquivos informativos etc) de cada apartado e escribir unha valoración no foro correspondente.

(N.B.: Publicamos a continuación os traballos anteriores (dos que se informaba aos alumnos que asistían con normalidade á aula por correo electrónico)  para o alumnado de pendentes ou que decidiu incorporarse no mes de maio ao curso:)

27 abril: exercicios para practicar a 3ª declinación en silbante

20 abril: exercicios para practicar a 3ª declinación en líquida, nasal e ni tau (máis materiais en aulacotarelo). Exercicios de etimoloxía de Sito Yelas

14 abril: exercicios para practicar a 3ª declinación en oclusiva (máis materiais en aulacotarelo)

16 marzo: exercicios de etimoloxía HELLAS e BIOS, simulacro de exame de morfoloxía nominal, preparación do cuestionario da 2ª evaluación (avisado na aula o 13 de marzo)

CULTURA CLÁSICA 3º ESO. TRABALLO 3º TRIMESTRE

Semana 18-24 maio:

C.C. 3ª TAREFA DE RECUPERACIÓN. Unidade 3. Grecia. Organización social e política

C.C. 4ª TAREFA DE RECUPERACIÓN. Unidade 4. Roma. Organización social e política

 Semana 11-17 maio

Comenzamos a publicar as TAREFAS DE RECUPERACIÓN de avaliacións suspensas de Cultura Clásica, a razón de dúas semanais ata o 7 de xuño (unha por cada unidade didáctica das 8 impartidas na 1ª e a 2ª avaliacións) É recomendable pero non obrigatorio a súa entrega semanal para posibilitar a súa corrección.

Calquera pregunta sobre a súa realización pode dirixirse ao enderezo latin.grego.cotarelo@gmail.com ou facerse por teléfono ao centro (986512311) que trasladará a este departamento a consulta.

C.C. 1ª TAREFA DE RECUPERACIÓN. Unidade 1. As linguas de Europa

C.C. 2ª TAREFA DE RECUPERACIÓN. Unidade 2. Xeografía e Historia de Grecia e Roma

4/05/2020

Na 1ª e 2ª avaliación impartíronse 8 das 12 unidades didácticas da materia.
Non imos engadir materia nova para o terceiro trimestre. Só repasaremos eses contidos con todo o alumnado con actividades cuxa realización só poderá matizar a nota media á alza.
Para o alumnado con avaliacións suspensas proporemos ao longo desta semana actividades que posibiliten a súa recuperación. Ditas actividades deberán enviarse ao correo electrónico latin.grego.cotarelo@gmail.com

Para ir preparando as actividades refresca os contidos traballados durante o curso facendo estas actividades e exercicios online: moitos empregan FLASH e é recomendable empregar o navegador MOZILLA. Se queres que este precalentamento se che valore tamén na nota envía pantallazo do exercicio completado ao noso correo electrónico. O ideal: facer un de cada unidade cada semana.
Recomendámosche reler o tema no libro de texto antes de facer un exercicio online. Asume que non sempre virán todos os conceptos e contidos no libro. Os libros de texto non son sagrados nin infalibles. Emprega a rede para atopar as respostas neses casos. SAPERE AUDE!

ABAU GREGO 2020

Aquí tedes materiais para a preparación da proba de selectividade de GREGO:(iranse subindo ao longo da semana)

1) Modelo ABAU 2020 proposto o día 28 de abril pola CIUG, con novidades con respecto á edicións anteriores en opcionalidade  e puntuación de preguntas. Queda come segue:

-TRADUCIÓN 6 puntos (elexir entre 2 textos de Xenofonte en vez de 1 e un de Platón)

-Unha pregunta a elexir entre MORFOLOXÍA ou SINTAXE: 1 punto

-Unha pregunta a escoller entre tres sobre AUTORES e OBRAS, dous de Xenofonte e unha de Platón: 1 punto

-Unha pregunta de ETIMOLOXÍA para contestar helenismos derivados de tres palabras gregas a elexir de entre cinco: 1 punto

-Unha pregunta de LECTURAS a escoller entre catro, unha de cada obra (Ilíada, antoloxía lírica Alceo, Safo, Arquíloco, Edipo Rei e Nubes): 1 punto

2) Apuntes de LITERATURA:  Épica (Homero-Ilíada), Líra arcaica (Alceo, Safo e Arquíloco), Drama (tragedia: Edipo Rei, comedia: Nubes)e Historiografía (Xenofonte)

3) Recopilación das PREGUNTAS de literatura plantexadas nos últimos anos con RESPOSTAS, tanto de autores e obras como das lecturas.

4) Recopilación de todas as preguntas de ETIMOLOXÍA (resoltas) plantexadas nos últimos anos na selectividade de Galicia

5) Listados de distinta extensión de HELENISMOS explicados para a pregunta de etimoloxía

6) TEXTOS de Xefononte e Platón analizados sintacticamente e traducidos

7) EXAMES de selectividade resoltos

8) Enlaces a páxinas web para a realización de exercicios online de todos os aspectos

Como sempre o enderezo de contacto para consultas, propostas ou envío de traballos: latin.grego.cotarelo@gmail.com

SOLUCIÓNS TRABALLOS CONFINAMENTO 2º BACH

Aquí tedes as solucións dos dous tests de Xenofonte e as Helénicas. Non os consultedes sen antes tentar por todos os medios respostar aos cuestionarios coa axuda dos apuntamentos, o diccionario de Grego, a Wikipedia....

Adxunto tamén a traducción dos libros I e II das Helénicas

Cada semana irei subindo un par de textos resoltos de sintaxe e traducción de Xenofonte

Distribuir contido


by Dr. Radut