Skip to Content

 

 

 

 

    
                    

Información do centro

PRESENTACIÓN

O IES Armando Cotarelo Valledor conta hoxe en día cunha completa e orixinal oferta educativa, xa que neste instituto o estudantado pode aproveitar tanto o Ensino Secundario Obrigatorio, bacharelato en dúas modalidades,  Ciclos Formativos de tres familias profesionais diferentes ESA, Bacharelato  de adultos e aula MENTOR.

Fachada dianteira

  Tamén conta cunhas excepcionais instalacións, tanto deportivas como no edificio: 12 aulas de informática, laboratorios... todas elas moi novas debido a relativa "mocidade" do centro.
  Hai que resaltar as inversións realizadas para  mante-las citadas instalacións en bo estado, así como actualizadas e plenamente operativas: por exemplo a rede que une tódalas aulas de informática utilizadas polos ciclos.

Fachada traseira

  Por outra banda, este instituto colabora con outros centros da xeografía local, e incluso a nivel nacional e internacional, a través de diversos proxectos, intercambios, competicións deportivas... que tratan de potenciar a relación dos alumnos e a internacionalización do centro así como da ensinanza.

Recepcisn

 Todas estas características permítenlle situarse como un dos centros máis modernos e importantes de Galicia.

Distribuir contido


by Dr. Radut