Skip to Content

 

 

 

 

    
                    

7 de abril, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 O Día Mundial da Saúde, que se festexa o 7 de abril de cada ano para conmemorar o aniversario da fundación da Organización Mundial da Saúde, ofrécenos unha oportunidade única para mobilizar a acción en torno a un tema de saúde específico que preocupe ás persoas de todo o mundo. O tema deste ano é a depresión.

A depresión afecta a persoas de todas as idades e condicións sociais e de todos os países. Non obstante, a depresión pódese previr e tratar.

Unha mellor comprensión do que é a depresión e de como se pode previr e tratar contribúe  a reducir a estigmatización asociada á enfermidade  e así un maior número de persoas poden pedir axuda.



page | by Dr. Radut