Skip to Content

ANPA

Recollida e venda de libros por parte da ANPA

O próximo martes día 2 de xullo terá lugar a recollida de libros por parte da ANPA no IES Coruxo (no propio despacho da ANPA).

 

Recollida de libros pola ANPA:

Todos aqueles que queirades entregar para a súa venda os libros que xa non ides usar -e que están en vigor de cara ao curso que vén- podedes facelo o día 2 de xullo, en horario de 16:30 h a 18:00 h .

 

Venda de libros pola ANPA:

A compra de libros levarase a cabo o luns día 15 de xullo nos seguintes horarios:

De 16:30 h a 17:30 h para socios da ANPA.

De 17:30 a 18:30 h para o resto de familias.

Xunta Directiva ANPA

Xunta Directiva: 

Cargo

Apelidos, Nome

Presidenta

Muñoz Padín, Rocío

Vicepresidente

Rolland Etchevers, Fernando

Secretaria

Díaz Bouza, Rosa Mª

Tesoureira

Balbuena Hermida, Mª Luisa

Vogais

Alonso Carreira, Mª Lucía

Chao Castro, Belén

Muñoz Estévez, José Juan

Graduación do alumnado de 2º Bacharelato 2024

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do acto de graduación do noso alumnado de 2º de Bacharelato.

Vídeo realizado polo profesor Marcos Soto Vázquez 

Actuacións organizadas polas profesoras de Música Mónica e Paula 

Discurso do padriño Avelino González

Darlle as grazas ao actor, narrador oral, director e tradutor de teatro, e especialista en animación Avelino González, veciño de Comesaña, por prestarse a apadriñar aos nosos graduados deste ano 2024.

Por último, darlle as grazas a todas as persoas que colaboraron na organización do acto e moi especialmente á inestimable ANPA do noso centro que posteriormente ao acto nos convidou a todos a un ágape no salón de actos.

Desexámosvos a maior das sortes para a nova etapa que comezades e moito ánimo para loitar polos vosos soños.

Aquí estaremos para o que precisedes !

Álbum: Curso 2023-2024 -> Graduación 2º Bac. 2024

Escola de familias: prevención no consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas

Continuamos coas sesións formativas da Escola de Familias do IES Coruxo. O próximo martes 4 de xuño terá lugar a terceira sesión, neste caso relacionada coa prevención do consumo de bebidas alcohólicas e o consumo excesivo de bebidas enerxéticas. O obxectivo da charla é achegar estratexias ás familias para prevenir o consumo de alcohol e bebidas enerxéticas nos nosos fillos e fillas. A sesión está programada para ás 19:00 na Biblioteca do IES Coruxo e durará previsiblemente dúas horas.

Esta actividade está enmarcada dentro do programa apuntámonos a non beber, conta coa colaboración da ANPA do noso IES. Animamos a todas as familias a participar.

Adxuntamos cartaz:

 

O Proxecta + "Apuntámonos a non beber" é un programa da Consellería sobre a prevención do consumo do alcohol e das bebidas enerxéticas e busca, con isto, promover no alumnado a necesidade de ter hábitos máis saudables.

Escola de familias: uso e abuso das pantallas

Comezamos coas sesións formativas da Escola de Nais e Pais da ANPA do IES Coruxo.

O próximo 30 de abril terá lugar a primeira charla formativa, neste caso relacionada co uso e abuso das pantallas. O fin da charla é coñecer qué se considera uso normal e que malos hábitos debemos evitar nos nosos fillos e fillas relacionados coas pantallas dos distitnos dispositivos electrónicos.

A sesión está programada para ás 18:30 no Salón de actos do IES Coruxo.

Adxuntamos cartaz.

Animamos a tódalas familias a participar.

Viaxe de fin de estudos Barcelona 4º ESO

Entre o 5 e o 9 de abril o alumnado de 4º ESO desfrutou do seu viaxe de fin de etapa: unha viaxe cultural e lúdica a Barcelona, Tarragona e tamén Port Aventura, combinando diferentes tipos de actividades.

O primeiro e o segundo día o alumnado visitou Barcelona (Montjuïc e os seus atractivos como o seu castelo, o Estadio Olímpico ou o Poble Espanyol, ademais de visitar o Park Güell de Gaudí) e Tarragona e os seus sitios declarados Patrimonio da Humandiade, entre eles os xacementos romanos.

  

  

  

No terceiro e cuarto día a visita tornou máis lúdica e desfrutaron das atraccións de Port Aventura e Ferrari Land, onde pasaron todo o día desfrutando das distintas atraccións e pasando unas bonitas xornadas de conviviendo entre el@s e co profesorado acompañante.

  

Xa no derradeiro día visitáronse outros atractivos da capital catalana, como o casco antigo e o Aquarium, ademáis do seu paseo marítimo.

Cinco intensos días no que se combinaron todo tipo de actividades e que, sobre todo, serviron para fortalecer a convivencia entre o alumnado neste último curso da etapa da ESO.

 

A viaxe foi organizada pola ANPA, que buscou posibles destinos (entre os cales votouse nunha asamblea de país e nais de 4º ESO), deseñou e organizou as actividades para que o alumnado puidese financiarse (venta de rosquillas e outros, venta de colonias, venta de rifas, venta de doces e choripanes en distintas celebración do Instituto, etc.), asesorou ó Instituto con cuestións burocráticas, difundiu o día a día da viaxe, etc.

 

Viaxe de fin de estudos 4º ESO

Nas próximas datas terá lugar a viaxe de fin de estudos a Barcelona-Tarragona. En concreto, do 5 ó 9 de abril, ambos inclusive.

Barcelona, Tarragona e algo de Port Aventura serán os escenarios desta viaxe; 5 días de convivencia entre o alumnado e profesorado de 4º ESO, que apuntouse masivamente a este evento.

Adxuntamos aquí un pequeno extracto do programa, que actualizaremos e ampliaremos nos vindeiros días.

Becas xerais do MEFP para o curso 2024-25

Dende o 19 de marzo e ata o próximo 10 de maio podedes solicitar as becas e axudas de estudos de niveis postboligatorios do Ministerio de Educación y Formación Profesional.

ENLACE: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2024.html e premer en "acceso a la tramitación a la sede electrónica"

Están destinadas a aquel alumnado que ten intención de facer o próximo curso Bacharaleto, Formación Profesional de Grado Medio, de Grado Superior ou Formación Profesional Básica, entre outros estudos postobligatorios.

Hai que pedilas antes do 10 de maio, independentemente de que non saiban todavía que tipo de estudos que van cursar o ano que ven. En Orientación ou Vicedirección podemos resolver algunhas das dúbidas que poidan surxir.

O cadro resumo...

E a orientadora preparou un genially informativo que está moi ben...https://view.genial.ly/623cb65f3e2de80011d346cd/interactive-image-becas-mefp

Calquera dúbida en Orientación ou Vicedirección.

Festival do Entroido: ANPA e IES Coruxo

O pasado 9 de febrero celebramos no IES Coruxo o Festival do Entroido (previamente, durante esa semana, o Meco fixo unha serie de mandados ao alumando e profesorado https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/802)

En primeiro lugar tivo lugar o desfile dos disfraces individuais e, posteriormente, desfilaron máis de 10 comparsas polo patio central do Instituto. Repartíanse 3 premios para a categoría de disfraces individuais e 3 para grupos, premios financiados pola nosa ANPA. Os gañadores foron elexidos por unha comisión mixta de profesorado, alumnado e familias.

   

     

A continuación desfilaron os/as profesores/as que fixeron unha coreografía adicada ó mar.

   

Mentres se decidían os gañadores, desfrutamos dunha chocolatada financiada pola ANPA e dos doces que nos achegou o alumnado de 4º ESO.

Antes da entrega de premios, fíxose o xuízo do Meco, a cargo dun grupo de alumnas de 1º Bacharelato no que decidiron que non se queimaba por non contaminar e nunha declaración de intenciones do IES Coruxo de apostar pola sostibilidade.

Nun acto final entregáronse os premios dos gañadores do disfraz individual e por grupos, realizados pola nosa ANPA.

 

 

O mellor foi a colaboración de toda a comunidade escolar na organización do Festival, xa que alumnado, profesorado e familias participaron activamente no desenvolvemento deste acto.

Entroido no IES Coruxo. IES Coruxo e ANPA

O próximo día 9 de febreiro celebraremos no IES Coruxo o Festival do Entroido durante as dúas últimas horas do venres.

Haberá concurso de dsifraces individuais e comparsas por grupos de alumnos e alumnas, algúns con coreografías (ANOTARSE EN VICEDIRECCIÓN). Os premios serán achegados pola nosa ANPA, que xa os ten escollidos, pero son sorpresa... Tamén o profesorado fará unha comparsa.

Unha vez feitos os "desfiles" correpondentes unha comisión integrada por alumnado, profesorado e ANPA elixirán ós gañadores, mentres o resto do alumnado desfrutará dos doces típicos do entroido, amenizados con música escollida por un grupo de alumnas de Bacharelato.

Antes da entrega de premios outro grupo de alumnos/as fará un "conxuro" ó noso Meco que fará previamente mandados durante esta semana:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/802

O deseño do programa do Entroido e a semana do Meco fíxose de forma conxunta entre o profesorado, alumnado e ANPA, tratando de seguir na tendencia que comezamos este curso de involucrar activamente a toda a comunidade escolar na vida do centro e que agardemos vaia a máis cos proxectos que temos plantexados.

           

O Celta feminino no IES Coruxo (ANPA)

Fomentar a práctica de outros deportes e do deporte en xeral, promocionar o deporte feminino e educar a través do deporte na igualdade….todos estes aspectos son os que se queren desenvolver dende a comunidade educativa do IES Coruxo.

Neste sentido e, grazas a iniciativa e organización da ANPA, o último día antes das festas do Nadal levouse a cabo no pavillón do Instituto un obradoiro coas xogadoras e adestradora do 1º equipo do histórico Celta feminino de baloncesto (o equipo da cidade de Vigo máis laureado en calquera disciplina deportiva, con 5 ligas e moitas otras copas) sobre a práctica do basket co alumnado de 1º ESO.

  

Nesta experiencia, ademáis de ter a sorte de poder escoitar os consellos e experiencias das xogadoras e adestradora, aprenderon unha serie de trucos do xogo do baloncesto e fixeron un mini torneo de 3X3 entre todos e todas as participantes.

  

Como colofón, sorteáronse entre todo o alumnado do Instituto 25 entradas achegadas polo Celta para asistir o partido de basket femenino celebrado o pasado 22 de decembro no pavillón de Navia, no que o Celta gañou contra un dos mellores equipos da competición nun trepidante partido.

A iniciativa e a posibilidade de desenvolver esta actividade no IES Coruxo foi grazas a nosa ANPA, na súa aposta polo fomento do deporte entre o alumnado do Instituto. Esta iniciativa está en liña co programa CP Innova Edusaúde que está en marcha dende o Centro, fomentando todo tipo de deporte e a inclusividade e a igualdade no mesmo.

                             

Viaxe cultural de fin de estudos a Barcelona 4º ESO

Despois da asamblea da ANPA celebrada no IES Coruxo o pasado xoves 30 de novembro coas familias de alumando de 4º ESO pola viaxe de fin de estudos, elixiuose como destino Barcelona fronte a outros destinos.

Para ver o programa do viaxe e prezos, adxúntase o catálogo da viaxe elexida ou tamén a podedes descargar aquí.

Por outra banda, o alumnado tratará de financiar parte da viaxe coa realización de diferentes actividades. Para elo dende a ANPA facilítanse diferentes alternativas das que se dará información a través do alumnado en vindeiras reunións, entre elas a do próximo luns no 2º recreo cos rapaces e rapazas. 

“Axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio curso 2023/24”

Xa está aberto dende este sábado 25 de novembro ata o próximo 24 de xaneiro de 2024 o prazo para solicitar as axudas municipais. Como novidade, nesta convocatoria as familias que xa obtiveron a axuda o curso pasado só deberán firmar unha declaración responsable asegurando que se cumpren os requisitos necesarios.

Deberán volver a presentar a solicitude con toda a documentación nos seguintes casos:

  • Non solicitaron a axuda na anterior convocatoria.
  • Solicitaron a axuda na anterior convocatoria pero non resultaron beneficiarias
  • Resultaron beneficiarias da axuda pero producíronse cambios nas súas circunstancias que deben ser acreditados (por exemplo, novos menores a engadir en relación á anterior convocatoria ou cambios na tutela/custodia dos menores).

A tramitación realizarase preferentemente a través da sede electrónica municipal do Concello (https://sede.vigo.org/expedientes/tramites/tramite.jsp id_tramite=918) ou presencialmente no rexistro xeral do Concello de Vigo.

Adxuntamos manual explicativo de cómo tramitar a axuda, tanto por Internet como para solicitar cita presencial. Tamén podes descargalo premendo aquí

Celebración dun Magosto colaborativo (ANPA, familias, alumnado e Centro) no IES Coruxo

O pasado venres ao final da mañá tivo lugar a celebración do Magosto no IES Coruxo. Castañas (achegadas polas familias), choripanes, deportes e música foron os protagonistas da entrañable festa da que disfrutamos todo o alumnado e profesorado.

Pero isto sería imposible sen a colaboración da nova ANPA, que organizou, traballou e aportou o necesario para que dita actividade fose posible....ademáis das achegas das castañas das familias...

...e por suposto o noso equipazo de DJs, que axudou e se perdeu a festa por colaborar

Estade atentos, porque haberá novidades de cara o Nadal en colaboración coa nova ANPA. Agora toca centrarse nos exames da 1ª avaliación e otras cousas…

Lembramos a información para darse de alta na ANPA:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iescoruxo/node/737

 

Fai click na seguinte imaxe e poderás visualizar todas as fotografías da actividade:

Álbum: Curso 2023-2024 -> Magosto 2023

Posta en marcha dunha renovada ANPA no IES Coruxo

O mércores 8 de novembro foi elixida unha nova directiva da ANPA que terá por diante para os próximos meses e anos novos e renovados retos.

Levar ante os diferentes organismos e Instituto as inquedanzas e demandas das familias, por en marcha un banco de libros no Bacharelato e complementar o da ESO, organizar unha Escola de familias, xestionar a viaxe de fin de estudos en 4º ESO e poder optar a xestionar outras viaxes noutros cursos, organizar e incluso financiar actividades interesantes... todo son retos que asume un novo equipo da ANPA con ganas e ilusión.

Para inscribirse na ANPA basta con cubrir a seguinte FICHA que se adxunta e remitila polos vosos fillos ao Instituto ou ao correo da ANPA (anpaiescoruxo@gmail.com)

Distribuir contido


by Dr. Radut