Curso 15-16, Curso 16-17, Curso 17-18, Curso 18-19
Graduación curso 2018-2019
Enviado por Anónimo o Mar, 28/05/2019 - 22:29¡GRADUÁMONOS!
Para ver as fotos do acto celebrado accedede a estas ligazóns:
No computador da biblioteca tedes tamén as fotos individuais das entregas dos diplomas.
Foto-Collage
Enviado por Anónimo o Mér, 24/04/2019 - 10:36Dentro das actividades programadas pola biblioteca na semana do libro, pedimos a vosa participación no FOTO-COLLAGE 2019. Podedes consulltar toda a información no cartel adxunto.
Esperamos a vosa participación!!!
equipo de dinamización da biblioteca.
Recollida e análise de mostras de augas
Enviado por Anónimo o Xov, 11/04/2019 - 12:57Os alumnos de Ciclo de Laboratorio e Química Ambiental realizaron a pasada semana unha saída a campo que consistiu na toma e análise in situ de distintos parámetros físicoquímicos para determinar a calidade das augas da ría de Ferrol.
Máis fotos:
Xornadas de Orientación
Enviado por Anónimo o Xov, 11/04/2019 - 12:27As alumnas e alumnos do Bacharelato de Artes e dos Ciclos de Operacións de Laboratorio e de Química Ambiental participaron nas II Xornadas de Orientación de Ferrol que tiveron lugar no Auditorio de Caranza.
Unha entrega de notas orixinal...
Enviado por Anónimo o Mér, 10/04/2019 - 17:58
Libros solidarios
Enviado por Anónimo o Mar, 09/04/2019 - 17:35Pensando xa no día do libro, desde a Biblioteca, organizamos unha recollida de
libros de lectura que queiras doar. Podes deixalos na biblioteca ata o día 23 de
abril.
Colabora con nós e converte o teu libro nun libro solidario.
Grazas pola túa participación!!!
Se queres saber máis, deixámosche abaixo o cartel. Tamén podes atopar a
información no blog da biblioteca http://bibliotecash.blogspot.com ou na Sala de
profesores.
Saúdos do Equipo de dinamización da biblioteca.
Accede ó cartel informativo:
Viaxe a París
Enviado por Anónimo o Xov, 14/03/2019 - 19:48A viaxe resultou ser unha experiencia magnífica para o noso alumnado que gozou moitísimo tanto da cidade como da oportunidade de desenvolverse no idioma nun entorno totalmente francófono, ademais da experiencia en grupo que sempre é enriquecedora
Aquí vedes o ben que o pasaron:
Consellos para utilizar as redes
Enviado por Anónimo o Xov, 07/02/2019 - 14:06Diversas actividades programadas para febreiro
Enviado por Anónimo o Mar, 05/02/2019 - 17:43Visita ao Hospital Teresa Herrera na Coruña
Enviado por Anónimo o Ven, 30/11/2018 - 10:37Visita ao Hospital Teresa Herrera na Coruña
Data e horas: Mércores 19 de decembro de 15:00 a 19:00.
Lugar: Hospital Teresa Herrera na Coruña
Cursos: Alumnado de 1º Bacharelato
Descripción:
Organización: Departamento de Bioloxía. Profesora Dolores Vizoso.
Ruta xeolóxica por Cedeira-Cariño-Espasante
Enviado por Anónimo o Ven, 30/11/2018 - 10:35Ruta xeolóxica por Cedeira-Cariño-Espasante
Data e horas: Xoves 20 de decembro de 8.30 a 18.30.
Información da zona: http://turismoferrolterra.es/wp-content/uploads/2015/10/Geoparque-Cabo-Ortegal-Castellano.pdf
Cursos: Alumnado de 1º Bacharelato
Organización: Departamento de Bioloxía. Profesora Dolores Vizoso
"Educación en valores e rap", de Diego Calatayud
Enviado por Anónimo o Ven, 30/11/2018 - 10:33
Data e horas: Martes 4 de decembro de 12:30 a 14:10 h.
Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal
Cursos: 1º ESO e 4º ESO
Descripción: O rapeiro Didaco (Diego Calatayud) ilustrará cómo é posible educar en valores a través do rap, relacionandoo neste caso coa competencia social e cívica. Animará ao alumnado de1º e 4º a romper cos estereotipos de xénero e co acoso escolar, mellorar o comportamento e aceptar a diversidade
Organización: Departamento de Orientación
Charlas de AESLEME: “Te puede pasar” e “Si controlas, vuelves”
Enviado por Anónimo o Xov, 22/11/2018 - 21:58
Charla de AESLEME “Te puede pasar”. Juan Antonio Gutiérrez
Data e horas: 19 de decembro de 12:30 a 13:20 h
Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal
Cursos: 2 ESO
Descripción: Charla do coordinador galego da Asociación española de lesionados medulares sobre a prevención de accidentes
Organización: Departamento de Orientación
--------------
Charla de AESLEME “Si controlas, vuelves”. Juan Antonio Gutiérrez
Data e horas: 20 de decembro
de 09:30 a 10:10 h. 1 Bac A, B, C, D
de 11:20 a 12:10 h 1 Bac E, F, G
Lugar: Salón de actos IES Concepción Arenal
Cursos: 1 Bacharelato
Descripción: Charla do coordinador galego da Asociación española de lesionados medulares sobre a prevención de accidentes
Organización: Departamento de Orientación
Charla de FEUGA sobre becas de formación
Enviado por Anónimo o Xov, 22/11/2018 - 21:49Riscos asociados ás novas tecnoloxías
Enviado por Anónimo o Xov, 22/11/2018 - 21:41Charla sobre neurociencia
Enviado por Anónimo o Xov, 22/11/2018 - 21:37
Data e horas: 20 de novembro, entre as 10:10 e 13:00 h
Lugar: Pazo da Cultura de Narón.
Cursos: alumnos/as de 1º de bacharelato B, C e D.
Organizador: Departamento de Bioloxía.
Festival de Nadal
Enviado por Anónimo o Mar, 20/11/2018 - 13:46No sorteo da CESTA DE NADAL, celebrado publicamente o pasado 21 de
decembro, resultou premiado o Nº 0230. A persoa agraciada poderá pasar polo
IES Concepción Arenal a recoller o premio, no prazo dun mes.
Nas vacacións os días 26, 27 e 28 de decembro e 3 e 4 de xaneiro (10 a 13 h)
Boas festas!!
Visita a Meteogalicia
Enviado por Anónimo o Mar, 20/11/2018 - 13:41
Visita a METEOGALICIA en Santiago de Compostela
Data e horas: 29 de novembro, de 8.30 a 17.30h.
Lugar: Meteogalicia. Santiago de Compostela
Cursos: Alumnado de 2 Bacharelato científico
Organización: Departamento de Bioloxía.
Concurso de deseño de marcapáxinas
Enviado por Anónimo o Lun, 19/11/2018 - 13:37II Certame de cómic contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o Mér, 14/11/2018 - 23:09IRIA SANJUÁN CASANOVA, PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO.
Enviado por Anónimo o Xov, 04/10/2018 - 17:25Iria Sanjuan Casanova, alumna do IES Concepción Arenal, que rematou brillantemente os seus estudos de bacharelato no pasado ano académico, acaba de obter un dos vinte premios extraordinarios de bacharelato concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, correspondentes ao curso 2017-18. PARABÉNS.
DISCURSO DE LIDIA GONZÁLEZ TEIJIDO NO ACTO DE RECOÑECEMENTO DE MELLORES EXPEDIENTES NA USC
Enviado por Anónimo o Xov, 12/07/2018 - 13:03GRADUACIÓN 2º BACHARELATO
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/05/2018 - 21:34Parabens a todos os alumn@s que o pasado 18 de maio remataron 2º de bacharelato, moi especialmente aos merecedores das once matrículas de honor!!
Enlace ás fotos da entrega de diplomas
Moitas gracias a Elena Yáñez pola organización do acto, a Rafael Vázquez polas fotos, aos titores, aos alumnos que prepararon os discursos, a Jaime por ocuparse do equipo de son, e a todos aqueles que colaboraron dun ou outro xeito para que a graduación fose posible.
Visita á Escola Antonio Escaño
Enviado por Anónimo o Sáb, 26/05/2018 - 21:19Os alumnos de 1º de bacharelato de Tecnoloxía Industrial o xoves 24 de maio visitaron ás instalacións técnicas da Escola Antonio Escaño en Caranza.
Viaxe a Londres: Fin Etapa 4º ESO
Enviado por Anónimo o Lun, 07/05/2018 - 16:12O alumnado de cuarto de ESO está en Londres disfrutando da viaxe de fin de etapa. A foto foi tomada á entrada do Museo Británico.
Xornada "A Educación a debate"
Enviado por Anónimo o Mar, 01/05/2018 - 20:15O próximo xoves 3 de maio terá lugar, no salón de actos do CFR de Ferrol en horario comprendido entre as 17 h e as 19 h, unha nova xornada de "A educación a debate" que versará sobre a Educación Emocional .
POÑENTES DA XORNADA:
- Carmen Loureiro López. Especialista en Ed. Emocional.
- Lucía Carracedo Fraga . Mestra do CEIP Plurilingue Virxe do Mar.
- Patricia Rodríguez Juste. Representante da ANPA Galatea.
- Sara Paz López. Alumna de 5º de Primaria ( titora de TEI )
- Ylenia López Ramos. Alumna de 6º de Primaria. Participa no programa Promoción da Convivencia e o Desenvolvemento persoal no alumnado.
Dirixido a todas as familias.
Certame Carmela Loureiro
Enviado por Anónimo o Dom, 29/04/2018 - 09:39Os alumnos Andrés Vilaboy Naveiras, Luis Prego Areal e Iria Ramos Mesía resultaron galardonados no cuarto certame Carmela Loureiro, á entrega de premios asistiu o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez. Noraboa aos tres!!
Colaboración EOI Ferrol e IES Concepción Arenal
Enviado por Anónimo o Dom, 22/04/2018 - 13:29Marco Delle Monache, profesor de italiano da Escola Oficial de Idiomas, presentou esta semana o canto V da Divina Comedia na nosa Biblioteca, nun acto conxunto dirixido a alumnos da EOI e do noso centro. A actividade foi organizada por Ana Vizoso, profesora do departamento de Latin, que imparte tamén a materia de Italiano. Grazas a ambos pola vosa dedicación!
Semana da Ciencia e Programa de Prevención de Consumo de Drogas (Di K NON)
Enviado por Anónimo o Dom, 15/04/2018 - 18:12A semana do 9 ao 13 de abril celebramos no Instituto a Semana da Ciencia, organizada polo departamento de Física e na que colaboraron tamén os alumn@s e profesores dos ciclos formativos de Química. Gracias a todos!!
Tamén rematou, coa visita do alumnado de 4º curso da ESO á cárcel de Teixeiro, o programa de prevención de consumo de sustancias tóxicas que ofrecen a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro e a Fundación Barrié. Este programa consta de dúas partes, a primeira se realizou no salón de actos do instituto, coa presencia de varios internos de Teixeiro, e a segunda parte na propia prisión, así o alumnado aprende cómo delinquir é unha consecuencia habitual do consumo deste tipo de sustancias, xa que te atrapan nunha espiral económica que non se pode manter, o que leva a cometer actos delictivos.
O noso máis sincero agradecemento ao persoal implicado no desenvolvemento do programa.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
