Viaxe a París
Enviado por Anónimo o Xov, 14/03/2019 - 18:48
O alumnado de francés de 1º e 2º de bacharelato realizou unha viaxe cultural á cidade da luz durante cinco días de intensa actividade. Puideron visitar monumentos impresionantes como a Sainte Chapelle, a catedral de Notre-Dame e as súas torres, o Panteón, o Arco de triunfo e os Campos Elíseos, a Torre Eiffel e o Sacré-Coeur no corazón de Montmartre. Así mesmo, realizaron unha visita ao museo de Orsay e do Louvre apreciando as súas obras máis relevantes así como o hotel dos Inválidos e o museo da Armada. Tamén gozaron dun día de diversión e maxia nos parques Disney e Walt Disney Studios onde as risas foron moitas...
A viaxe resultou ser unha experiencia magnífica para o noso alumnado que gozou moitísimo tanto da cidade como da oportunidade de desenvolverse no idioma nun entorno totalmente francófono, ademais da experiencia en grupo que sempre é enriquecedora
Aquí vedes o ben que o pasaron:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_20190307_174537.jpg | 51.33 KB |
IMG_20190308_114637_2.jpg | 35.37 KB |
IMG_20190308_125947.jpg | 45.67 KB |
IMG_20190308_180804_2.jpg | 31.31 KB |
IMG_20190309_124723.jpg | 55.78 KB |
IMG_20190309_153041_2.jpg | 28.69 KB |
IMG_20190310_123329_2.jpg | 70.57 KB |
IMG_20190310_183146_2.jpg | 23.08 KB |
IMG_20190311_130732_2.jpg | 37.38 KB |
IMG-20190308-WA0086_2.jpg | 60.32 KB |
IMG-20190309-WA0057.jpg | 43.51 KB |
IMG-20190309-WA0061_3.jpg | 49.3 KB |