Saídas didácticas

Visita á Comunidade Terapéutica Alborada

O martes 12 de febreiro, o alumnado do ciclo de Integración Social fixo unha visita á Comunidade Terapéutica Alborada en Tomiño, un centro residencial para o tratamento de persoas con problemas de drogodependencia e outras condutas adictivas. Moitas grazas ao persoal do centro e, en especial, a Manuel Lloves, psicólogo de Alborada, pola súa hospitalidade e atención.
Visita a Alborada Visita a Alborada 2
Visita a Alborada 3 Visita a Alborada
Visita a Alborada   

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia - 2019

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra hoxe 11 de febreiro, as alumnas de 3º ESO asistiron aos obradoiros Elas fan CienTec 2019 e Exxperimenta en feminino, que se celebraron na Universidade de Vigo.

A xornada comezou coa recepción por parte do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, que lles lembrou a importancia da presenza das mulleres na ciencia e animounas a realizar carreiras de ciencias e enxeñarías, xa que son de sobra capaces, e insistiu en que a universidade precisa do seu talento.

Os talleres programados realizáronse nas distintas escolas e facultades, en concreto as nosas alumnas realizaron os talleres de ámbito tecnolóxico que tiveron lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Dirixidas por un grupo de alumnas de 3º de carreira programaron o robot  Lego Mindstorm e realizaron un pequeno videoxogo en Scratch. 

Picando na ligazón podes visitar a web das xornadas, e nela ler as biografías de sete mulleres científicas e investigadoras que fixeron grandes descubrimentos e seguramente non coñeces: Lynn Petra Alexander, primeira doutora honoris causa da Universidade de Vigo; Ángela Ruiz Robles, profesora ferrolá e deseñadora do primeiro prototipo de libro electrónico; Ada Lovelace, inventora da linguaxe de programación; Jane Goodall, primatóloga que revolucionou esta disciplina grazas ás súas observacións e análises; Hedy Lamarr, inventora da wifi; Jocelyn Bell, descubridora dos pulsares ou Rosalind Franklin, clave no descubrimento do ADN.

 

Programa Día da Muller e da Nena na Ciencia 1
 Día da Muller e da Nena na Ciencia 3  
 Día da Muller e da Nena na Ciencia 5  Día da Muller e da Nena na Ciencia 6
Día da Muller e da Nena na Ciencia 7 Día da Muller e da Nena na Ciencia 2

Visita á Asociación Aspanaex

O pasado 28 de xaneiro o alumnado do ciclo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de modular, do IES de Chapela visitou a asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con disapacidade intelectual). Convivindo, compartindo e aprendendo.

 
 Visita a Aspanaex  Visita a Aspanaex
 Visita a Aspanaex  Visita a Aspanaex 5

Saída didáctica a PESCANOVA

    O alumnado de Física e Química de 4º ESO acompañado das profesoras Mª Carmen Domínguez e Olga rey, visitou o 16 de xaneiro a factoría de Pescanova para coñecer o funcionamento do seu laboratorio. A experiencia, que contou ademais cun pincho de despedida, resultou do máis grata e aproveitable. Moitas grazas a Pescanova polas atencións recibidas!

AUDIO: Jules Verne - Vinte mil leguas baixo dos mares

Resultado de imagen de vinte mil leguas baixo os mares ir indo    

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da chegada do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal, organizaron unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne, Vinte mil leguas baixo dos mares, á que convidaron a participar a toda a cidadanía. Ademais de colexios e institutos, toda a veciñanza do concello de Redondela sumouse á iniciativa reunindo máis de 15 horas de radio que se emitiron en antena os días 24 e 31 de decembro do pasado ano. Trátase, segundo a organización do proxecto, da lectura radiofónica máis longa feita dunha obra destas características.

O alumnado, persoal non docente e profesorado do IES Chapela, sumouse a este esforzo colectivo. Agora xa podemos desfrutar do resultado. As nosas voces aparecen nos capítulos 15, 17, 18, 19, 20, 21. ... Picando na imaxe do libro accedes ao espazo onde poderás escoitar e mesmo descargar os audios. Moitos parabéns.

O IES Chapela en Radio Redondela con Jules Verne

 

 

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da chegada do Nautilus á Enseada de San Simón, as Bibliotecas de Redondela e a Radio Municipal, organizan unha lectura radiofónica da obra de Jules Verne, Vinte mil légoas baixo dos mares, á que convidan a participar a toda a cidadanía.

O alumnado de 2º de Educación Infantil do IES Chapela, acompañado da profesora Olga Rey, participou do proxecto nunha xornada moi proveitosa. Aí os vedes, orgullosos e orgullosas logo de sumar o seu grao de area, as súas voces, á lectura conxunta da obra do escritor francés.

Moitos parabéns pola iniciativa.

Visita á Feira de Conxemar

 

Visita a Conxemar

O alumnado de 2º do CS de Dietética, da modalidade de ordinario, visitou hoxe a Feira de Conxemar en Vigo:

Ademáis de visitar os distintos stands e pormos ao día acerca das novidades relacionadas cos produtos conxelados, disfrutamos dunha fantástica xornada distendida!

Surf en Patos - 2º e 3º ESO

     
Cincuenta alumnas e alumnos de 2º e 3º ESO, acompañadas das profesoras de Educación Física Lucía e Nuria, inícianse no surf na Praia de Patos (Nigrán) coa Escola de Surf "Patos".

X Campionato Provincial de Orientación

Os cursos de 1º ESO A-B-C participaron o 20 de marzo no X Campionato Provincial Escolar de Orientación celebrado na Lanzada (O Grove). A saída, organizada polo Departamento de Educación Física, resultou do máis instrutiva e lúdica.

Os ciclos de E. Infantil e APSD na Coruña

   

O pasado martes 23 de xaneiro o alumnado de 2º do CFGS Educación Infantil e de 1º e 2º do CFGM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitaron varios centros na comarca de A Coruña. O curso de 2º do CFGS en Educación Infantil coñeceu a Escola Infantil "A Caracola" en A Coruña e a Escola Bosque "Amadahí" en Oleiros. Por outra banda o alumnado de APSD diúrno visitou a Central de Teleasistencia da Cruz Vermella en A Coruña e o Centro de Promoción da Autonomía Persoal CPAP do IMSERSO en Bergondo. Foi un día longo e moi proveitoso para o alumnado e as súas profes acompañantes Olga Rey e Eva Fernández!!!

Distribuir contido