Materiais Música

Páxinas Web Música

 

www.teoría.com/es/

Interensantísima páxina onde conceptos teóricos da música como escalas, acordes, intervalos… son abordados de xeito claro e didáctico, ademais de ofréceche a posibilidade de escoitar todos os exemplos. Sen dúbida unha fonte de referencia para todo aquel que intente comprender ben a linguaxe musical. Tes a posibilidade de seleccionar a opción en castelán.

 

imslp.org

Nesta páxina poderás atopar miles de partituras e gravacións de música clásica. Ofrece distintas edicións das partituras, que podes descargar gratuitamente, e tamén diversos rexistros discográficos das mesmas, que podes escoitar online e baixar ao teu ordenador. Unha ferramenta indispensable para o estudo e análise da música clásica.

 

https://bustena.wordpress.com/historia-de-la-musica-online/

Historia da música on-line escrita por Rafael Fernández de Larrinoa. Unha oportunidade de achegarse á música a través de bos comentarios e unha completa selección de audicións.

 

http://everynoise.com/engenremap.html

Interesante recurso onde podes atopar un completo mapa de estilos musicais. Picando nos distintos estilos podes escoitar a música que identifica a estes estilos e mesmo abrir dentro do propio estilo un mapa de grupos representativos dos que tamén podes escoitar a súa música. Un recurso moi útil e interesante.

Distribuir contido