CS Integración Social

Información sobre o Ciclo Superior de Integración Social

Visita a ACEESCA

Os alumnos e alumnas do Ciclo Superior Modular de Integración Social a ACEESCA, unha entidade de traballo con persoas con diversidade funcional de Porriño. Axudáronnos a ver a realidade dese colectivo así como a experimentar os diferentes materiais de comunicación que teñen para que o alumnado poida transmitir e expresar todas a vivencias que teñen.
Foi moi interesante e enriquecedor.

 

Aceesca 5 Aceesca 2
Aceesca 3 Aceesca 4

Día Mundial do Autismo

Por mor do día mundial do autismo, o pasado 2 de abril, os alumnos e alumnas do ciclo de FPModular de Integración Social fixeron unha dinámica para visualizalo. Se queredes máis información visita a web na seguinte ligazón https://diamundialautismo.com/
 
Día Mundial do Autismo

Obradoiro de teatro

O alumnado dos ciclos de Educación Infantil e Integración Social asistiron a un obradorio de Teatro para a Resolución de Conflictos con Moisés Mato, creador do teatro da Escoita e director do Movemento de Nonviolencia. Foi unha experiencia moi gratificante e productiva para axudarnos a encarar a resolución de conflictos.
Obradoiro 1 Obradoiro 2

Visita á Comunidade Terapéutica Alborada

O martes 12 de febreiro, o alumnado do ciclo de Integración Social fixo unha visita á Comunidade Terapéutica Alborada en Tomiño, un centro residencial para o tratamento de persoas con problemas de drogodependencia e outras condutas adictivas. Moitas grazas ao persoal do centro e, en especial, a Manuel Lloves, psicólogo de Alborada, pola súa hospitalidade e atención.
Visita a Alborada Visita a Alborada 2
Visita a Alborada 3 Visita a Alborada
Visita a Alborada   

oferta de emprego integradora social

 

 

OFERTA DE EMPREGO CFGS INTEGRACIÓN SOCIAL

 

"Precísase INTEGRADORA SOCIAL para CENTRO DE MENORES,

20 horas/semana en fin de semana.

 

Se che interesa, envía o teu CV a milagrosameiras@hotmail.com "

 

I Feira de Emprego - IES Chapela

Hoxe, 8 de maio, tivo lugar no vestíbulo do IES Chapela, a I Feira de emprego - Asesoría e Orientación. O alumnado do CS de Integración Social guiou os seus compañeiros e compañeiras de ESO e Bacharelato en torno á orientación formativa e profesional, as competencias laborais, e mesmo ofreceu unha visita aos Ciclos Formativos do instituto. Unha experiencia coordinada pola profesora Eva Ferreira que resultou moi proveitosa para o noso alumnado. Moitas grazas aos asesores e asesoras de Integración Social.

Vídeo Ciclo Superior de Integracion Social

Vídeo difusión do Ciclo Superior en Integración Social realizado polo alumnado. Primeira promoción 2015-2016.

25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Dende o Ciclo Superior de Integración Social, con motivo da celebración, o próximo 25 de Novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, estanse a organizar unha serie de actividades, das que queremos informar para animar a toda a comunidade a participar das mesmas.

Luns 23 estará instalado no vestíbulo do centro un Mural no que se formula unha pregunta: Que é para ti a violencia de xénero? O propósito deste mural é invitar á reflexión, buscando a participación colectiva, escribindo cada quen no propio mural aquelas cousas que considere que son violencia contra a muller ou o seu propio concepto de violencia contra a muller. Tamén haberá algúns pequenos carteis con frases de personaxes célebres, que pretenden convidarnos a pensar.

Martes 24, colocaranse algúns carteis máis que representan unha selección de mulleres cun papel relevante para todas e todos nós, animámosvos a coñecelas.

Mércores 25 farase unha concentración silenciosa diante do mural interactivo no tempo do recreo da tarde. Á súa finalización procederemos á lectura dun Manifesto.

Xoves 26 proxectarase, durante o recreo, unha presentación con vídeo e música, amosando a perspectiva de xénero na música.

Venres 27, proxectarase un vídeo para fomentar a visibilidade sobre o tema da violencia contra a muller e colgarase no mural interactivo unha definición oficial sobre a violencia contra a muller.

O alumnado do CS Integración Social confía en que vos guste esta inciativa e que vos animedes a participar.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA FACER DESTE PEQUENO ACTO ALGO SIGNIFICATIVO QUE MOSTRE A CONCIENCIACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODO O IES Chapela.

Fotos da lectura do manifesto

    

Distribuir contido