XXVII MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS IES CHAPELA - CEIP IGREXA, A. BÓVEDA e LAREDO

O venres 19 de maio celebramos a XXVII EDICIÓN DO MARATÓN DAS LETRAS GALEGAS na zona do CEIP Laredo e a praia de Arealonga. Alumnado, profesorado, pais, nais, avós e avoas, toda a comunidade educativa do IES Chapela xunto coas dos CEIP Igrexa, Alexandre Bóveda e Laredo participamos nunha xornada festiva chea de deporte, xogos, compañeirismo, natureza e moita diversión!!

Desde os máis pequenos e pequenas ata os máis grandes, todos e todas participamos nesta xornada para reivindicar o uso da nosa lingua e honrar nesta edición a Francisco Fernández del Riego.