O día 2 de xuño comezan as probas libres de ciclos LOE no IES de Chapela. A xornada de acollemento será ese día ás 9:00 horas. Esta xornada ten carácter obrigatorio, incluso para aquelas persoas que se matricularon para validar algún módulo. Unha vez que remate a xornada de acollemento, empezarán os exames seguindo os calendarios que podedes consultar máis abaixo, así como no taboleiro dedicado a probas libres. O chamamento do alumnado farase no patio de columnas do instituto (espazo cuberto que hai seguindo todo recto ao entrar no recinto do instituto, con imaxes de trobadores e trobadoras nas columnas). Todo o alumnado esperará aí a que o profesorado o vaia buscar. Para poder entrar á presentación ou a calquera exame, o alumnado ten que estar sempre identificado mediante o seu DNI (a imposibilidade de identificar a alguén será motivo de expulsión do proceso). Nos exames prácticos de probas libres NON haberá xornada de acollemento. O alumnado deberá presentarse directamente á hora da proba correspondente. Grazas.
Ligazón ao apartado da Consellería de Educación sobre probas libres Calendario de admisión probas libres
MATRÍCULA PROBAS LIBRES Do 10 ao 19 de maio / Horario: 9:00 a 13:00 Módulos liberados: do 23 ao 31 de maio / Horario: 9:00 a 13:00 Documentación:
CALENDARIOS PROBAS LIBRES EXAMES TEÓRICOS E PRÁCTICOS Ciclos da familia de Servizos socioculturais e á comunidade Actualizado o 11/05/2023 (corrixido un erro detectado na hora do exame teórico de Empresa e Iniciativa Emprendedora do C.S. de Documentación e Administración Sanitarias, que será de 17:00 a 19:00 h, non de 17:15 a 19:15 h).
PROGRAMACIÓNS Ciclo Medio de FARMACIA E PARAFARMACIA Ciclo Superior de DOCUMENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN SANITARIAS Ciclo Medio de ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA Ciclo Superior de EDUCACIÓN INFANTIL Ciclo Superior de INTEGRACIÓN SOCIAL
CUALIFICACIÓNS Tras a realización dos exames, pica no asterisco correspondente para acceder ás túas cualificacións.
|
|||||||||||||||||||||||||||