Comunicado da Consellería de Educación - Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do 3º Trimestre

A Consellería de Educación publica as Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/20, á espera da publicación da normativa estatal correspondente. A administración galega, con competencias plenas en educación, argumenta no retraso da administración do Estado Español, a falta dunhas instrucións claras. De xeito xeral e con pouca concreción, as orientacións provisionais reiteran indicacións de carácter global efectuadas xa pola ministra Isabel Celaá o pasado 15 de abril. Mentres tanto alumnado e profesorado seguirán a traballar suplindo o baleiro de normas e indicacións como mellor poden e entenden.