Plan das Tecnoloxías da Información e da Comunicacion 2008/09 do IES Chapela

O Claustro do IES Chapela aprobou, na súa reunión celebrada o pasado 19 de xuño de 2008, o Plan de Tecnoloxías da Información e da Comunicación para o curso 2008/09. As súas liñas fundamentais son:

  • Potenciar o uso e actualización da páxina web dinámica Drupal do Instituto.
  • Xeneralizar a rede WIFI do Instituto
  • Empregar significativamente os recursos TIC do centro no resto dos proxectos do centro: Audiovisual nas Aulas 2008, Comenius 2008,...

Decidiuse presentar este traballo interdisciplinar á convocatoria do 5 de maio de axudas económicas, de material e de formación da Consellería para proxectos TIC. Confiamos esta vez que o noso sexa un dos escollidos entre os dez de toda Galicia, e cun único obxectivo: mellorar a aprendizaxe das nosas alumnas e alumnos.

PROXECTO

ANEXOS (Actividades TIC dos Departamentos)

Alumnos de 4º ESO do IES Chapela durante unha exposición audiovisual sobre "Pequenos arranxos eléctricos no fogar" ás alumnas do Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. Curso 2005/06. IES Chapela     

Imaxes: Alumnos de Tecnoloxía de 4º ESO do IES Chapela durante unha exposición audiovisual sobre "Pequenos arranxos eléctricos no fogar" ás alumnas do Ciclo Medio de Atención Sociosanitaria. Curso 2005/06. IES Chapela