Escoitar, Aprender e Compartir

ESTATÍSTICAS 1ª AVALIACIÓN

Presentación WebDoc "Imagine Elephants" e charla-coloquio cos seus creadores.

O pasado 16 de Decembro tivemos o privilexio de contar coa presencia de Elena Cruces e Julián Maguna, creadores do Documental "Imagine Elephants: unha experiencia sobre o xogo e a infancia"

Disfrutamos da súa explicación acerca da orixe deste proxecto sobre o xogo libre e expontáneo, e o seuproceso de creación. Visionamos o documental (accesible vía web neste enlace) e finalmente intercambiamos unha serie de enriquecedoras reflexións sobre o papel das/os futuras/os educadoras/es infantís acerca do xogo e a infancia.

Foi, sen lugar a dúbidas, unha divertida e fantástica tarde.... de moito proveito!

Grazas pola vosa visita!

 

Imagine Elephants   Presentación  Visionado  

Actividades do Ciclo de Educación Infantil

O alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil do IES Chapela colabora coa iniciativa “Quimions Coruña, o reto” promovida por Patricia Campos facendo máis de corenta fundas para cubrir a medicación dos pacientes infantís de oncoloxía para o Hospital Materno Infantil de A Coruña.

O 4 de decembro a profesora Elena Fouz fixo entrega na cidade de A Coruña das fundas realizadas polo noso alumnado.

As profesoras implicadas nesta iniciativa foron Begoña Martínez, María Avendaño, Elena Fouz, Eva Ferreira e Olga Rey.

 

Fotos        

Videoconferencia do VI día da ciencia en galego

     Xa podedes ver a videoconferencia completa de Xurxo Mariño.

25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

25 de Novembro,  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Actividades organizadas polo Ciclo Superior de Integración Social.

Información sobre as actividades programadas e FOTOS da lectura do manifesto.

Magosto 2015

Martes día 10 de Novembro 

Magosto  2015 no IES Chapela

Horario:  18.30 h.

Haberá ricas castañas  asadas, postres, xogos, taller de maquillaxe...

 

   

VI Día da Ciencia en Galego

 

Videoconferencia:

A máquina que construé a mente a realidade

Ponente: Xurxo Mariño Alonso

Organiza: CGEDLG - // EDLG Chapela - Dptos Ciencias.

Lugar: Aula de Conferencias

Alumnado: 3º ESO A / 4º ESO / 1º BACH / CS. Infantil

Centros participantes

     
Vid. Videoconferencia 

 

Obradoiros formativos en "Doazón e Transplantes"

O alumnado dos Ciclos Formativos de APSD (diurno e modular), Integración Social, Dietética, Farmacia e Documentación Sanitaria están a realizar obradoiros formativos en "Doazón e Transplantes" a cargo dun profesional da Oficina de Coordinación de Transplantes (OCT) do SERGAS e unha persoa transplantada que conta a súa experiencia.
 
Os obradoiros tiveron lugar os días 22 e 26 de outubro e continúan o día 5 de novembro.

Conferencia da Asociación Dereito a Morir Dignamente (DMD)

O xoves 15 de outubro  tivo lugar no IES Chapela unha conferencia a cargo da Asociación DMD. Acudiron os seus representantes Doctor Luis Montes (Presidente federal da Asociación) e Dona Emilia Irimia Presidenta de DMD Galiza (1ª pola esquerda nas fotografías).

Os temas tratados foron:

  • O marco xurídico do Dereito á "Boa Morte".
  • Documentación e rexistro do Testamento Vital.
  • A Asociación DMD en Galiza.

A charla estivo organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e presentada pola titora de 1º de Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia, Belén Nieto (1ª pola dereita na foto).

Alumnado que asistiu:

  •  Ciclo Formativo de Grao Medio de Atención a persoas en situación de dependencia: 1º e 2º curso.
  • Ciclo Formativo de Grao Superior de Documentación Sanitaria.

 

Premio Nacional Vicente Ferrer de Educación

 O 9 de Setembro, a orientadora do IES Chapela Esther Mato, asistiu ao acto de recollida do premio en Madrid.

 
 

O premio recoñece o labor do alumnado e profesorado do IES CHAPELA de

  • 1º ESO
  • 3º e 4ª PDC
  • 2º CM APSD
  • 2º CS E.Infantil

e do IES Audiovisual de Vigo que participou no proxecto co CS de Son e Laura López como profesora

Novas no Faro de Vigo

Portal Web do MInisterio (AECID)

Vídeo explicativo  dos premios

 

 Faro de Vigo [entrevista a Laura]

  A todas e todos, PARABÉNS pola forma de entender  a Educación para o Desenvolvemento na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Distribuir contido