ENDL

Día de Rosalía

Día de Rosalía

O pasado luns 25 de Febreiro tivo lugar no salón de actos do centro o acto homenaxe a unha das mulleres máis importantes da literatura en lingua galega de todos os tempos. Baixo o título de "Día de Rosalía" a poesía, o son, a imaxe e o teatro combináronse de xeito harmónico como podedes ver no blogue do ENDL:  Lingua de Montes

Tags: Complementarias, ENDL

#recitandocelsoemilio

O pasado mércores 12 de decembro (12/12/12) levouse a cabo en máis de 200 centros de enisno de Galicia un acto homenaxe simultáneo ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. A iniciativa, impulsada pola Coordinadora galega de ENDL, consistía no recitado público, exactamente ás 12 do mediodía, do poema Deitado frente ao mar. Nós quixemos ir máis aló e improvisamos un programa de TV "en rigoroso directo" (por suposto, dirixido e presentado polos profesionais de Telediver) que foi a plataforma perfecta para achegarlle aos alumnos-telespectadores a figura de Celso Emilio.No seguinte vídeo podedes ver o acto completo.

Tags: ENDL

Día da Ciencia 2012

O martes 6 de Novembro, co gallo da celebración do Día da ciencia e da Tecnoloxía en galego, leváronse a cabo cinco obradoiros dirixidos por varios alumnos e alumnas que se prestaron voluntari@s para facer de monitores e que nos achegararon diferentes curiosidades relacionados co mundo da ciencia. Os obradoiros, organizados polos Departamentos de Física, Bioloxía, tecnoloxía, música e Matemáticas, acompañáronse dunha exposición da historia da Calculadora na que puidemos ver, in situ, a evolución destas máquinas con aparellos que databan de finais do século XIX ata as calculadoras actuais.

 Aquí podes ver o vídeo-resumo da actividade
 
 

 

Tags: ENDL

Ollos de Aula

Editada pola Coordinadora Galega de ENDL, nace a revista Ollos de Aula cuxo obxectivo é, segundo aparece na súa presentación, "achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais". Poderedes atopar a revista no taboleiro do ENDL , se queredes descargar os diferentes números, só teredes que pasar por aquí ou polo blogue.

Outubro 2012 Novembro 2012

Decembro 2012

Tags: ENDL