Extraescolares

Programa A Ponte

O martes, día 11 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, participará nunha charla informativa organizada pola Universidade de Santiago de Compostela sobre as probas de selectividade e acceso á Universidade.

Asimesmo, o día 19 de febreiro, o mesmo alumnado realizará unha visita ás diferentes facultades da USC pola maña e pola tarde visitarán unha residencia para estudantes.

Tags: Extraescolares, Orientación, Xefatura de Estudos

Día da Ciencia en Galego

Co gallo da celebración do II Día da Ciencia en Galego, o pasado venres 4 de novembro leváronse a cabo no noso centro unha serie de actividades que pretendían achegar a ciencia ao alumnado.

  • Obradoiros: desenvolvéronse ao longo de toda a mañán e en tres quendas, seis obradoiros de contido científico-matemático que fixeron as delicias do alumnado, máis se temos en conta que foron algúns dos seus compañeiros e compañeiras os monitores de ditas actividades. Os obradoiros desenvolvidos foron:

*  A vida microscópica

*  As papilas gustativas

*  O cerebro engánanos

*  Observa o teu ADN

*  Experimenta coa química

*  Xogando coas mates

  • Paneis: mostráronse dous paneis conmemorativos dedicados ás dúas mulleres homenaxeadas nesta edición: a física María Curie, primeira persoa en recibir dous premios Nobel e primeira muller en ser profesora na Universidade de París e a matemática galega María Wonenburger, especialista na teoría de grupos e na álxebra de Lie que desenvolveu a súa labor investigadora nos Estados Unidos e no Canadá. 

Na seguinte ligazón poderedes ver o vídeo resumo de todas estas actividades.

Tags: Extraescolares

Homenaxe a Chano Piñeiro

Velaquí podedes ver o vídeo da mesa redonda que o pasado 20 de outubro celebramos no instituto dentro dos actos de homenaxe a Chano Piñeiro.

Interviron Mª Luz Montes, viúva do cineasta, Miguelanxo Fernández, crítico cinematográfico e Francisco Rozados (Rochi), biógrafo de Chano Piñeiro.

Tags: Extraescolares