Skip to Content

Proxecto Ríos 3º ESO

 

O mércores 14 de abril realizamos unha nova actividade do Proxecto Ríos (proxectorios.org), dentro do Plan Proxecta. Nesta ocasión, foi o alumnado de 3ºESO o encargado de avaliar o estado de saúde do río Lérez ao seu paso pola área recreativa de Cotelo. Para realizar dita inspección do río, o alumnado foi acompañado polos seus profesores de Bioloxía e Matemáticas, contando tamén co asesoramento de educadores ambientais da asociación ecoloxista ADEGA (adega.gal).

Nesta inspección analizáronse as características hidromorfolóxicas (hábitat, bosque de ribeira, etc.), fisicoquímicas (temperatura, pH, nitratos, osíxeno disolto) e biolóxicas deste treito do río. Dentro da análise da calidade biolóxica, centrámonos no estudo dos macroinvertebrados, que son larvas de insectos, moluscos, etc. que viven nos nosos ríos e que son bioindicadores (permítennos determinar a calidade deste ecosistema fluvial).

Logo de analizar detalladamente os macroinvertebrados atopados e o resto dos datos obtidos, concluímos que este treito do río Lérez goza de moi boa saúde!

     

     

 



story | by Dr. Radut