Skip to Content

MATRÍCULA ORDINARIA PARA O CURSO 2020/2021

Todo o alumnado que se incorpore ao centro procedente de 6º de primaria e aquel xa matriculado no centro neste curso 2019/2020 que superara todas as materias na convocatoria ordinaria de xuño deberá formalizar a matrícula para o vindeiro curso entre os días 1 e 10 de xullo. 

Co fin de garantir todas as medidas de seguridade, establécense as quendas indicadas na seguinte táboa:

Lembramos que teñen a súa disposición na Conserxería do Centro os sobres da matrícula que inclúen toda a documentación necesaria para facer a formalización da mesma. Cómpre que pasen polo centro a recoller dito sobre antes da data da matrícula co fin de que poidan traer os documentos debidamente cubertos nos días sinalados.

Para realizar a xestión da matrícula mantéñense todos os protocolos de seguridade levados a cabo ata o momento:  máscara obrigatoria, xel hidroalcólico á entrada do centro e unha única persoa en Conserxería para realizar os trámites.

 

 

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

O alumnado que non superara algunha materia na convocatoria ordinaria de xuño deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro que, salvo novidade, terá carácter presencial.

O calendario de exames de setembro será publicado nesta páxina web nos primeiros días do mes de xullo e tamén estará á súa disposición no taboleiro informativo do centro.

 

 

 



story | by Dr. Radut