Skip to Content

Coidando da nosa contorna

Criterios de avaliación final de curso

Mudanzas nos criterios de avaliación e calendario de final de curso. Diante dos cambios que imos ter neste ano queremos informar en resume de cales son aqueles aspectos máis relevantes que se modifican e lembrar as datas relacionadas.

 

Sechu Sende no IES Chano Piñeiro

O venres día catro de marzo o alumnado de 3º ESO do Ies Chano Piñeiro tivo un Encontro literario co escritor Séchu Sende. Ademais de falar da súa traxectoria como creador de historias, realizou cos alumnos e alumnas un exercicio de lectura de mente. Fixemos un percorrido por Made in Galiza, Viagem ao Curdistám e por algúns dos poemas do seu novo libro, Passamontanhas. Grazas Séchu polo teu compromiso coa lingua, a ecoloxía e a igualdade de xénero.

Día de Rosalía no IES Chano Piñeiro

Un ano máis celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Seguramente vos chamará a atención a mudanza de día, pois  ata o de agora esta conmemoración realízabase o 24. O cambio débese a que recentes investigacións demostraron que había un erro na data de nacemento da nosa poeta. Atopáronse documentos que demostran sen dúbidas que Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837.

Este ano titulamos a nosa celebración A fauna rosaliana. Queremos agradecer moi especialmente a colaboración das profesoras de plástica e mais de todos e todas os que realizastes os fermosos debuxos de animais e bichiños, pois soubestes poñer imaxes e cores á poesía de Rosalía. Eses debuxos, xunto cos poemas rosalianos,  son a base deste acto, da exposición e dos marcapáxinas.

 

CONCURSO CARTEIS 8 MARZO

 

 

 

OBXECTO DO CONCURSO

O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro do IES Chano Piñeiro, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos dentro do IES Chano Piñeiro, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. 

A imaxe gráfica que resulte gañadora poderá ser utilizada polo Concello de Forcarei na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da igualdade. 

BASES DO CONCURSO 

1º Participantes: 

Poderán participar no concurso equipos de ata un máximo de 4 alumnas e alumnos. 

Existirá unha soa categoría composta polo alumnado de 3º, 4º de educación secundaria obligatoria (ESO) E 1º e 2º de bacharelato 

2º Temática e características técnicas das obras 

O contido do cartel deberá difundir e transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación

activa das mulleres na sociedade, promovendo a loita contra as desigualdades de xénero. 

O cartel realizarase en formato horizontal ou vertical coas medidas DIN A-3 (42 por 29,7cm) e enviarase en formato electrónico coa extensión PDF, e deberá incluír obligatoriamente a frase "8 de marzo. Día Internacional da Muller", así como un lema en galego relacionado co fomento da igualdade de xénero e coa non discriminación. 

O traballo de deseño e elaboración do cartel deberá estar titorizado por un/ha docente do  centro, que guiará ao alumnado participante. O traballo pode ser individual ou colectivo (neste último caso o número de participantes non pode ser superior a 4). Procurarase que no alumnado participante exista unha representación equilibrada de nenos e nenas. 

Tanto a técnica como estilo dos carteis serán libres. As composición e os slogans deben ser orixinais e inéditos.

Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais ou persoas recoñecidas no ámbito público. 

O deseño premiado será susceptible de ser o cartel institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller, polo que o Concello de Forcarei reserva a facultade de inserir os logos que sexan necesarios, así como de realizar calquera tipo de modificación ou variación dos elementos do deseño gráfico. 

3º Envío dos traballos 

O centro deberá presentar o traballo gañador antes do día 1 de marzo. 

A obra gañadora remitirase por correo electrónico ao seguinte enderezo electrónico: alcaldia@forcarei.net  O correo debe conter a seguinte información: nome e apelido do/a autor/a ou autores/as, curso e profesor/a que titorizou o traballo. 

4º Xurado 

Para o ditame dos premios establecerase un xurado formado pola directiva do centro. 

Para asegurar a máxima imparcialidade, o xurado non coñecerá a identidade das persoas participantes. 

Os acordos adoptaranse por maioría simple das persoas asistentes e en caso de empate decidirá o voto o director. 

O xurado valorará a orixinalidade, calidade do deseño, así como a transmisión dunha mensaxe  clara de fomento dos valores de igualdade entre homes e mulleres e elixirá entre todos os a carteis presentados o cartel gañador. 

5º Entrega do premio

O premio será un bono de 50 €, para o/a gañador/a, para gastar nun establecemento do Concello  de Forcarei.

O lugar e data de entrega de premio será comunicado por correo ou telefónicamente. 

6º Aceptación das bases. 

A participación no concurso implica a aceptación íntegra e incondicional destas bases. 

7º Cesión de dereitos de reprodución, difusión e exposición. 

A participación neste concurso leva implícita a cesión dos dereitos de reprodución, difusión e exposición das obras realizadas.

En todo caso, sempre que se utilice algún dos carteis premiados cos fins previstos nestas bases, nel figurará o nome tanto do centro educativo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut