Skip to Content

Benvida ao novo curso

Xoves 8 setembro, tal como está establecido no calendario escolar, comeza o curso en Educación Secundaria e Bacharelato, que no noso centro será no seu horario habitual a partir das 8:45 h., co remate das aulas ás 14:15 h.

Haberá servizo de comedor e transporte tamén con normalidade. Farase o reparto de libros a aqueles que lle corresponde polo Fondo Solidario.  Lembrando que se ben se derrogaron a maioría das medidas preventivas do COVID, aínda é de cumprimento as normas xerais establecidas para o transporte público que obriga ao uso da máscara nos autobuses.

Publicación da listaxe definitiva do Fondo Libros

Seguindo as indicacións da ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2022/2023, xa están publicadas no taboleiro interior do Centro as listaxes definitivas de admitidos e excluídos en dito fondo solidario. Logo do período de reclamacións quedou a resolución definitiva co mesmo número de libros que se indicaba na relación provisional, podendo agora coñecer o título dos libros en concreto que se conceden. Pódese consultar a listaxe de títulos do total dos libros de texto para o vindeiro curso na seguinte ligazón:

Listaxe Libros de texto. Curso 2022/23 [Corrixida]

* Debe agardarse a comezo das aulas, a resolución definitiva e reparto do fondo de libros e ás indicacións do propio profesorado de cada materia antes de levar a cabo calquera adquisición.

 * Actualización a 28 de xullo de 2022. Atentos ás mudanzas a respecto da anterior listaxe.

 

DESCARGAR LISTAXE DESDE ESTA LIGAZÓN

Listaxe provisional de fondo libros 2022/23

Seguindo as indicacións da ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG Núm. 95 Mércores, 18 de maio de 2022) na que se regula a participación no fondo solidario de texto para o curso 2022/2023, xa están publicadas no taboleiro interior do Centro as listaxes de admitidos e excluídos en dito fondo solidario. Compre sinalar que todos os matriculados no centro foron admitidos.

Para consultar a listaxe de admitidos de xeito telemático, poden acceder á páxina de Fondolibros do Portal Educativo.

Entrega de notas e apertura de matrícula

apertura de matriculaA entrega de notas sería o luns día 27 ás 11:00 h. Os titores ao alumnado na aula en papel e as 12:00 h. publicadas en ABALAR.

Distribuir contido


by Dr. Radut